ALFOZ.- Clubs de Tiro do arco de Ourense, Coruña, Ferrol e Lugo tomaron parte no segundo trofeo de tiro con arco “Castelarco” que se celebrou en Alfoz. A competición tivo lugar sábado, durante a tarde, no campo de fútbol municipal de Alfoz. O remate houbo entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría; e a xornada estaba previsto que acabase cunha cea no Castelo de Alfoz
REFERENCIA
Hoy sabado se va a realizar el seguno campeonato de tiro con arco en la mariña lucense, viendo el exito que tuvo el primero este año lo hemos realizado con mas ilusion y parece que el tiempo nos va acompañar.
Comenzaremos a partir de las 15:30 Horas en el campo de fútbol municipal de Alfoz. Sobre las 8 de la tarde se entregaran los trofeos a los tres primeros clasificados de cada categoria. Por la noche cenaremos arqueros y acompañantes en el Castelo de Alfoz.
Hay aqueros de toda la comunidad Gallega, Clubes de Ourense, Coruña, Ferrol, Lugo… Estaban invitados arqueos de toda España, pero dado que esta época es la mejor para realizar campeonatos al aire libre, muchos optaron por quedarse mas cerca de su ciudad.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



