Vicente Ansola, o retratista de Vilaeimil, inaugurou a mostra “A última polavila” no Complexo Cultural RegalXunqueira este luns 7 de abril.
Trátase dunha colección de fotografías realizadas para o libro “EVOQUE” editado e presentado por Hasselblad no ano 2012 xunto con varios traballos dos fotógrafos gañadores do “Máster Hasselblad 2012”.
As fotografías son unha continuación do traballo publicado no libro “Os pobos das néboas”, no 2010, que recolle a desprotección do “Triángulo dos Trasnos”, en Vilarxubín, patrimonio de arquitectura popular.
Ansola, que naceu en 1959 en Alceda -Cantabria-, conta cunha envidiable traxectoria profesional na que destacan as súas exposicións en distintos lugares do mundo e varios premios, entre eles a obtención do Gold Award de Kodak. Un dous premios máis prestixiosos do mundo.
Di que, “coma no porco, da fotografía aprovéitase todo”. “A miña ilusión era fotografar o tempo que se nos escapa entre as mans e esas esencias rurales que se han ir perdendo e que posiblemente as xeracións vindeiras tan só verán en antigas películas”. Así mesmo, recomenda ós amantes da fotografía que collan a sua cámara, mirar polo visor e barrer a terra de esquerda a dereita, de dereita a esquerda e comezar a disparar. Non te deteñas ata que a tarxeta de memoria rebente de imaxes, regresa a casa e xoga cos resultados. Cando goces con todo iso xa estás preparado para continuar e elixir o teu camiño”.
Ansola, durante ese ano percorreu 25.000 quilómetros atopando paisaxes únicas que lle inspiraron unhas seis mil fotografas. 39 desas imaxes conforman o libro O bosque da bailarina, que acaba de editar. Comparando Irlanda con Galicia, asegura que na illa “os camiños son máis revirados e non atopas xente no medio das paisaxes; non como aquí, que hai xente en todas partes”
“O Pobo das Néboas” recolle doce mil fotografas de casas de pedra, hórreos, cabazos e persoas. “Hai persoas porque quería render unha homenaxe a todas esas persoas que seguen vivindo na zona rural, que son os últimos mohicanos”, explica. “Dáme pena que non valoren as súas casas e as súas construcións, polo que vou intentar cambiar esa visión a través do que sei facer: a fotografía”.
A poesía como mensaxe, como reclamación como protesta dun tempo e dun país aquí e agora arquitectos e analfabetos culturais trouxéronnos o feísmo de Barreiros, de Burela, de Viveiro….e Ansola reclama expoñendo a outra verdade a verdade da nosa cultura, da nosa tradición e tamén denuncia o sempiterno runrún maldito desta terra que sempre pensa que “o de fóra é mellor que o noso”.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



