O cociñeiro e copropietario do restaurante San Miguel, de Ribadeo, José Ramón Rodríguez, participa por primeira vez na reunión anual da asociación Amigos da Cociña Galega, que se celebra na Costa da Morte desde este luns ata o mércores 9 de abril. O restaurante San Miguel integrouse recentemente neste colectivo do que forman parte unha vintena de destacados establecementos de Galicia, Barcelona, Madrid, Valencia e Porto Rico. A asociación Amigos da Cociña Galega fundouse no 1982 e actualmente está presidida polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla, de Poio (Pontevedra).






















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



