O XI Torneo de Basket “Lourenzá en Xogo 2014” contou coa participación de 20 equipos de diferentes partes do país que se mediron no pavillón municipal esta pasada fin de semana.
O Oribeltza Portugalete proclamouse campión do torneo na categoría sénior tras vences na final ó E.D. Lourenzá Ensino. Pechan a clasificación por equipos Corazonistas, Onil Alicante, Alameda Osuna e ED Lourenzá Mondoñedo.
Nesta mesma categoría proclamouse gañadora do torneo de triples Alejandra Amorós, do Onil Alicante. E, coa votación dos adestradores tras cada partido, o cinco ideal quedaría formado por: Laura Hernández (Alameda Osuna), Cristina Gabilondo (Corazonistas), Miriam Martínez (Oribeltza), Aitziber Arja (Oribeltza) tamén proclamada MVP “xogadora máis valiosa do torneo”, e Helena Sánchez (ED Lourenzá Ensino).
Júnior
Ensino Porta XI proclamouse vencedor do torneo laurentino na categoría júnior tras vencer na final a Viator. Por detrás quedaron Corazonistas e Oribeltza. Aínda así foi a vasca Ane Irati a que se proclamou gañadora do concurso de triples.
O cinco ideal da categoría quedaría constituído por Ana Pedrouzo (Ensino Porta XI), Amaia Diez (Oribeltza), Anne García (Corazonistas), Sonia Gutiérrez (Viator) e Laura Castro (Ensino Porta XI), tamén nomeada MVP.
Cadete
O conxunto cadete lugués tamén se fixo co trofeo por diante de Alameda Osuna de Madrid. E, nesta ocasión, as locais fixéronse coa terceira praza do podio por diante de Corazonistas de Vitoria, Alameda Osuna B e CB Riveira Basket.
Sarai Martínez (Corazonistas) fíxose co trofeo do torneo de triples; ademais de formar parte do cinco ideal, segundo os adestradores, xunto a Teresa Peiroten (Osuna Madrid), Gemma González-Redondo (ED Lourenzá Mondoñedo), Judith Ferreiros e Xiana González, ambas do Ensino Porta XI.
Infantil
O CB Burela destacou na categoría infantil, a única onde presentaba equipo, cunha primeira praza no torneo por diante do Ensino Porta XI. A terceira praza da categoría foi para Alameda Osuna (Madrid) e a cuarta para as ED Lourenzá Mondoñedo. Ó propio club burelao pertence Uxía Lorenzo, MVP do torneo, que forma parte do quinteto ideal que os adestradores elixiron segundo as votacións en cada partido. Completan o equipo ideal Cristina Novellán (Alameda Osuna), Antía Núñez (Ensino Porta XI), Ana Rubal (ED Lourenzá Ensino) e Candela López (Ensino Porta XI).
Entrega de premios
O grupo AIRES DO PADORNELO amenizaron o acto de clausura presidido por:
– Emma Álvarez Chao, alcaldesa de Lourenzá
– Orlando González Cruz, alcalde de Mondoñedo
– Vidal Martínez-Sierra López, deputado no Parlamento galego e anterior alcalde de Lourenzá
– Manuel Otero Méndez, xefe do servizo provincial de Deportes de Lugo.
– Pablo Maseda Fernández, concelleiro de deportes do Concello de Lourenzá e presidente das ED Lourenzá.
– Elena Freire Castro, concelleira de deportes do Concello de Mondoñedo.
– Mónica Carballeda Ferreiro, delegada en Lugo da Federación Galega de Baloncesto.
– Juan López Rodríguez, en representación de Construccións Augacons, SL.
– Rafael Cabaleiro Cajoto, en representación de Grupo Neli, SL.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
