Os datos do ano 2013 son ben claros: o gasóleo “antes de impostos” subiu en Galicia 1´4 céntimos de euro por litro respecto ao ano anterior, máis do dobre que na media estatal (0´6 euros) . A nosa nación ten, por certo, o gasóleo máis caro de todas as comunidades autónomas, mesmo cando soporta desde hai medio século os custos sociais, a externalidade negativa dunha refinería moi contaminante…e que cos seus oleodutos por baixo de miles de vivendas ten un perigo potencial que a ninguén se lle escapa.
Cuns custos de distribución moitos menores que noutras comunidades autónomas que non teñen ningunha refinería, a proximidade, nesta ocasión, en vez de abaratar, encarece os produtos. A Compañía loxística de hidrocarburos (CLH) veña a mandar camións e camións desde A Coruña a Cantabria, Asturias ou Castela-León…e alí venden os combustibles a menor prezo. Isto é o mundo ao revés, económica e medioambientalmente! Seica disparan os paxaros contra as escopetas!
No primeiro trimestre de 2014 agrandouse a diferenza: o gasóleo subiu en Galicia un 0´7% mentres que no promedio do Estado español baixou un 1´2%. No mes intermedio dese trimestre (febreiro) o prezo de gasóleo, sen incluír os impostos, situouse na nosa nación en 0´75 céntimos por litro, un 2´5% por riba da media española…e un 7´1% máis que na media da Eurozona!
Algo semellante ocorre coa gasolina. En febreiro, sen incluír os impostos, o seu custo foi de 0´69 céntimos por litro en Galicia, á par da media española…e un 7´1% por riba da media da UEM!
Nin que dicir ten que os salarios e as pensións na Unión Económica e Monetaria (UEM) están moi por riba dos que se cobran en Galicia, e tamén na comparanza co Estado español a nosa comunidade autónoma está no “furgón de cola”dos ingresos das persoas asalariadas e pensionistas.
A comparanza tamén resulta desfavorable para a nosa nación se analizamos o prezo final dos combustibles (o que inclúe os impostos) despois da decisión do goberno galego de subir en 2013 o recargo autonómico sobre hidrocarburos un 33´3% no gasóleo …e un 100% na gasolina!.
O prezo do gasóleo en febreiro de 2014 foi en Galicia de 1´37 euros por litro, un 3´1% maior que a media española, e a gasolina pagouse na nosa comunidade autónoma a 1´41 euros, tamén por riba do prezo medio estatal.
Unha comparanza con Cataluña, unhas das tres comunidades “históricas” (como Galicia e Euskadi) que aprobaron democraticamente na Segunda República un Estatuto de Autonomía reflicte que, como media, un condutor que recargue combustible en Galicia paga 120 euros euros máis cada ano.
Mentres, o Sr. Feijóo “a velas vir”. Despois de aprobar o seu goberno en 2013 unha fortísima suba dos tributos que gravan os combustibles vendidos en Galicia (33´3% no gasóleo e 100% na gasolina), asubía e mira para outro lado, declarando que espera que a Comisión estatal dos mercados e a competencia acelere a tramitación do expediente que lle abriu o 29 de xullo de 2013 a varios operadores petrolíferos por posibles prácticas restritivas da competencia.
Anque xogue ao despiste, as declaracións do presidente fixéronme lembrar dous fermosos versos de Uxío Novoneyra: “Xamais virá de fóra/ remedio nin esperanza”.
Exerza axeitadamente, sr. Presidente, a soberanía galega que recolle, no tocante á comercialización de produtos, o Estatuto de Autonomía de Galicia, e non mire tanto para alén Pedrafita!
Ao fin e ao cabo, xa foi “soberno” cos funcionarios da Xunta de Galicia, que viron como o seu goberno lles descontou en 2013 e 2014 un 40% das pagas extraordinarias, mentres a nivel estatal cobraron integramente esas pagas nese bienio. Vostede, máis papista que o Papa, xa manifestou que esta política de recortes continuará en 2015.
O austericidio continúa en Galicia. Menos ingresos para as persoas asalariadas…e o círculo (sexa vicioso ou non) segue: diminúe a demanda interna galega, baixa a produción de bens e servizos, despídense máis traballadores , medra o proceso de exclusión social, potenciase a pobreza enerxética, sube da desigualdade, seguen os desafiuzamentos, eta.
Pode o presidente da Xunta de Galicia seguir a facer malabarismos verbais para tentar xustificar o inxustificable (como na rolda de prensa de abril na que manifestou a súa opinión sobre o feito contrastado de que o gasóleo máis caro do Estado sexa o que se vende en Galicia). Eu penso seguir o vello consello de Celso Emilio Ferreiro de ter moito coidado “cos falsos profetas/ que andar a vender falsos paraísos”.
Xa unha serie televisiva nos advertiu de que sen jetas non hai paraíso. Nin fiscais, nin dos que prometían contrabandistas…nin dos que buscan en Grecia os neonazis de Amencer Dorado. Que se di Dourado en galego? Pois desculpen vostedes: Amencer Dourado.
Manuel Roca Cendán.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



