San Cibrao, 24-4-14.- Voluntarios de Alcoa San Cibrao comparten os seus coñecementos sobre seguridade laboral e reciclado de residuos de aceite doméstico cos veciños da Mariña en sendas actividades este 25 de abril, en colaboración coas asociacións Garaca de Xove e de Mulleres de San Cibrao, respectivamente. Fundación Alcoa respalda ambas iniciativas cunha doazón de 3.000 dólares a cada unha de ditas organizacións.
Un nutrido grupo de traballadores voluntarios de Alcoa, principalmente da planta de Alúmina, dedicarán a mañá a amosar os seus coñecementos de seguridade – materia considerada como primeiro obxectivo interno da compañía- cos traballadores do Concello de Xove e os cidadáns que asistan ó evento no Salón de Actos municipal. Esta sesión formativa, que conta co respaldo do Concello de Xove, abarcará aspectos clave sobre seguridade nos entornos laboral e particular, e incluirá unha mostra dos distintos equipos de seguridade a utilizar para cada situación.
Asociación Garaca, promotora da iniciativa, recibiu anteriormente unha axuda de 13.000 dólares de Fundación Alcoa como respaldo a unha iniciativa similar de fomento das prácticas de seguridade e como recoñecemento á labor desta organización, que promove e organiza numerosas actividades en beneficio dos veciños da parroquia de San Antonio de Regueira.
Pola tarde, os voluntarios de Alcoa e a Asociación de Mulleres de San Cibrao, ofrecerán ós veciños un obradoiro para aprender a transformar aceites domésticos de desbote en xabrón, proceso ecolóxico que implica a recuperación e reciclado de residuos e contribúe a protexer o medio ambiente, á vez que aporta un pequeno aforro doméstico.
Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando coa Asociación de Mulleres de San Cibrao en distintas actividades de voluntariado, organización que obtivo tamén o respaldo de Fundación Alcoa para a dotación dunha aula informática. Esta organización centra os seus esfuerzos en promover actividades educativas, gastronómicas, culturais ou de ocio para a comunidade.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financieiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción, Bravo e Alcoans in Motion.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



