Lugo, 24-4-14.- A Deputación ofrece a Concellos e empresas da provincia a Guía de Boas Prácticas para a Compra Verde. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa europeo Lug02, cofinanciado nun 80% por fondos FEDER, que busca fomentar a contratación de bens e servizos respectuosos co medio ambiente co obxectivo de minimizar o impacto ambiental, reducir o consumo enerxético e aforrar gastos correntes. A guía xa está a disposición de todos os interesados en www.deputacionlugo.org. Tamén é posible facerse cun exemplar, de xeito totalmente gratuíto, no Pazo de San Marcos.
O Director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, foi o encargado de presentar hoxe a guía a representantes de entidades locais e empresas lucenses nunha xornada aberta no Salón de Actos. Rivera salientou que a Deputación leva tempo aplicando estas prácticas e levándoas ós Concellos debido ás súas claras vantaxes. Destacou o Plan Enerxético, co que o organismo provincial conseguiu reducir en 200.000 euros os gastos enerxéticos anuais e en 563,64 toneladas as emisións de Co2 á atmosfera (o equivalente á plantación de máis de 28.000 árbores) nos primeiros 20 municipios nos que ata o momento se rematou o plan, que continúa noutros Concellos.
Todo isto, tras a contratación de compoñentes enerxético. Por exemplo, lámpadas de baixo consumo, reloxos astronómicos para programar automaticamente o acendido de alumeados públicos, válvulas termostáticas ou descargadores de sobretensión. A Deputación asumiu a compra deste material, así como as auditorías enerxéticas, aforrando máis cartos ás entidades locais, preto de 1 millón de euros en total.
Rivera adiantou que a Deputación tamén está a incorporar cláusulas medioambientais nos contratos de servizos da institución para valorar as prácticas verdes nas adxudicacións. Por exemplo, no contrato de limpeza, que está en fase de presentación de ofertas, imponse a recollida selectiva ou o uso de produtos non nocivos para o medio ambiente. O organismo provincial tamén implantou cláusulas sociais neste e noutros 4 pregos en defensa dos traballadores, sendo a primeira Deputación en España que o fai.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



