Burela, 24-4-14.- Dentro das actividades desenvolvidas en torno aos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña, a biblioteca do IES Perdouro de Burela contou coa visita de Isabel Soto e Xavier Senín, os tradutores ao galego da voz dos irredutibles galos Astérix e Obélix. O alumnado de francés de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha charla que tivo por título “O labor do tradutor”.
Isabel Soto iniciou a conferencia repasando a historia dos autores e personaxes da banda deseñada francesa así como das súas primeiras versións en galego e incidiu na importancia de traballar en equipo para os tradutores. Pola súa banda, Xavier Senín contounos as dificultades idiomáticas coas que se atopan para trasladar os textos ao galego. Ámbolos dous manifestaron que traballaron con gran secretismo para a estrea mundial -o pasado mes de outubro- do último número da BD, Astérix e os Pictos. Alén do labor de Isabel e Xavier, o equipo de Uderzo leva a cabo unha rigorosa supervisión de todas as traducións das súas obras.
Transmitiron con esta charla interesantísima a paixón polo sétimo arte e espertaron entre o alumnado o interese pola profesión de tradutor, moitas veces esquecida.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



