Foz, 25 de abril de 2014.- O BNG de Foz presenta unha moción a favor da gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio e avanzar en políticas cara a conseguir o carácter gratuíto e universal do ensino público. Segundo as palabras do portavoz municipal nacionalista, Xan Carlos González Basanta, “só así poderemos camiñar cara unha sociedade máis xusta, igualitaria e mellor formada, a parte de manter o dereito á educación”.
A pesar da oposición da maioría da comunidade educativa e da maioría social, o vindeiro curso 2014/2015, a LOMCE entrará en vigor en 1º, 3º e 5º de Primaria e 1º de Formación Profesional Básica, o que obrigará o estudantado destes niveis a adquirir manuais adaptados aos novos decretos de ensinanzas mínimas. Isto, unido ao recorte do 40% do programa de financiamento de libros de texto e material escolar no ensino obrigatorio respecto ao ano anterior, pode provocar que unha parte do alumnado non poida acceder aos manuais necesarios para seguir as clases con normalidade.
A Confederación de ANPAS galegas xa saíu ao paso desta situación manifestando que non é un problema de prioridades das familias, como afirma o Ministro de Educación cando se cuestionan os recortes nas axudas sociais á educación, senón que é un problema de dereitos e, polo tanto, é o titular de Educación quen debe ter como prioridade garantir ese dereito.
Como denuncia un recente informe do “Defensor del Pueblo”, o carácter gratuíto do ensino nos niveis educativos obrigatorios constitúe un instrumento dirixido a garantir o acceso de todos e todas a estes estudos, e considera por iso que dito carácter gratuíto debería facerse extensivo aos libros de texto ou material didáctico utilizados para cursar os referidos niveis, o que exixe medidas que fagan posíbel o acceso do alumnado aos mesmos sen ningún custo”. O curso pasado xa se produciu unha diminución moi significativa de receptores das axudas para a compra de libros de texto, que pasaron de tres a dous millóns de alumnos e alumnas. Así mesmo, houbo unha redución das contías, tanto das achegas do Estado español como na Galiza, cuxa suma pasou de 250 millóns a 166, un 35% menos que o ano anterior. Precisamente iso acontece cando máis urxente era que esas cantidades se incrementasen, dadas as necesidades das familias pola crise económica.
O BNG entende que o carácter gratuíto do ensino nos niveis educativos obrigatorios constitúe un instrumento dirixido a garantir o acceso de todos a tales estudos, e considera por iso que o devandito carácter gratuíto debería facerse extensivo aos libros de texto ou material didáctico utilizados para cursar os referidos niveis, o que exixe medidas que fagan posibel o acceso de alumnos e alumnas a estes sen ningún custo. Esta opinión foi avalada e compartida en diferentes informes polo Consello Escolar do Estado e polo Consello Escolar de Galiza.
Por iso, O BNG esíxe da Xunta de Galiza, como goberno con plenas competencias en educación:
1. A volta ao sistema de préstamo universal.
2. Que se avance na gratuidade total de todos os medios que se utilicen no ensino público.
3. Que se doten os centros de persoal abondo para xestionar axeitadamente o sistema de préstamo.
4. Que non se cambien os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos en que se vai implantar a LOMCE.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



