O Goberno provincial non retrasará a devolución da parte proporcional da extra de Nadal 2012 a todos os seus traballadores mediante a interposición de ningún tipo de recurso tras o acto de conciliación que se celebra este luns no Xulgado do Social nº1 de Lugo. Así o avanzaba o pasado venres o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante o acto de sinatura dun novo acordo maioritario cos sindicatos, adoptado sen ningún voto en contra, en virtude do cal o Goberno provincial comprométese a abonar a paga extra ós traballadores, “incautada polo Goberno central, presidido por Rajoy”, tal e como destacou o Presidente.
O titular provincial subliñou que, unha vez se dea a coñecer a resolución que derive do acto que se celebra esta mañá, a Deputación “abonará a paga extra a todo o persoal funcionario e laboral. Tendo en conta a xurisprudencia previa, esta resolución será tamén favorable, de xeito que previos os informes legais preceptivos en calquera administración, o abono farase efectivo coa nómina do vindeiro mes de xullo”.
Tendo en conta que o Goberno provincial abonará esta retribución a todos empregados provinciais, con independencia do seu réxime xurídico, serán un total de 487 traballadores os que percibirán preto de 240.000 euros, correspondentes ós 44 días que se lles deixaron de abonar da paga extra de Nadal de 2012 tras a entrada en vigor do Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo.
Compromiso dende 2012
O Goberno provincial amosou dende o primeiro momento o seu compromiso de facer efectiva a protección dos dereitos adquiridos polos traballadores. Deste xeito, no Pleno de setembro de 2012 formalizouse o compromiso, malia o voto en contra do PP, de buscar alternativas que permitisen facer efectivo o abono desta retribución, para o que en outubro a Deputación solicitou por escrito á Consellería da Presidencia unha resolución, acompañada dos correspondentes informes técnicos, na que se lle pedía que trasladara ó Consello Consultivo de Galicia a petición dun ditame que analizara a intención da Deputación de compensar algún xeito a paga extra ós seus empregados. Polo momento, e tal e como lembrou o Presidente a pasada semana, a Consellería de Presidencia aínda non deu resposta a dita petición.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



