O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros enchéuse na tarde deste domingo 27 de abril para disfrutar da actuación de Chrystyan Magic, que puxo en escena un espectáculo baseado no libro Atrapado na torre. A actividade enmarcouse dentro do programa Cultura no Camiño 2014, da Xunta, e serviu para conmemorar o día do libro. Por outra banda, ata o 30 de abril, segue aberta no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a exposición, organizada pola biblioteca pública municipal, As novidades e os libros máis lidos da biblioteca. Será en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Esta actividade está incluída na programación abril, mes dos libros.
Espectáculo para conmemorar o mes do libro en Barreiros
Espectáculo para conmemorar o mes do libro en Barreiros
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso