O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade un acordo ó respecto da modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial, esixindo a Xunta e Goberno Central o mantemento de todos os partidos xudiciais da provincia de Lugo. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que “unha xustiza máis cara, máis inaccesible e máis lonxana, non é a xustiza que decidimos todos os cidadáns na Constitución do 78. Calquera plantexamento que vai dirixido a impedir o acceso á xustiza vai atopar a oposición desta Deputación. Por iso, non vamos a admitir a supresión dos partidos xudiciais e vamos a ser moi vixiantes neste acordo para que non se torne noutra segunda reforma local. É dicir, para que ó final non se diga unha cousa aquí, outra en Galicia e logo se vote distinto en Madrid. Celebramos a unanimidade, pero, insisto, vamos a ser moi vixiantes para que as administracións implicadas cumpran coas súas obrigas, fundamentalmente a Xunta, que é quen pode interpoñer recursos de inconstitucionalidade ás leis do Estado”.
Os acordos apoiados por todos os Deputados de PSOE, BNG e PP son os seguintes:
– Esixir a inmediata reforma ó Goberno Central do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, para conquerir un texto que defenda o acceso á tutela xudicial efectiva dos cidadáns.
– Instar ó Presidente Feijóo que inicie os trámites necesarios para garantir o mantemento dos nove partidos xudiciais da provincia de Lugo: Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Sarria, Vilalba e Viveiro.
– Acometer unha racionalización da xustiza, apartada dunha visión corporativista e centralista, elaborada de forma consensuada cos profesionais, organizacións e colectivos sociais de ámbito xurídico, fundada nos criterios de respecto ó dereito á tutela xudicial, ó achegamento da xustiza á cidadanía e unha maior accesibilidade desprovista de custes engadidos.
Este acordo conxunto chega logo de que Goberno Provincial e oposición presentaran cadansúa moción sobre o Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, lembrou que o pasado 4 abril, o Goberno Central do Partido Popular presentou no Consello de Ministros esta normativa, coa que se eliminan 8 dos 9 partidos xudiciais de Lugo. “Esta lei é unha nova barreira do Partido Popular ó acceso á xustiza, menosprezando a Constitución, que se suma ó desmesurado incremento das taxas xudiciais. Non atende a realidade de Galicia en xeral, nin da provincia de Lugo en particular, posto que priva ó 60% dos lucenses dunha xustiza accesible, obrigándoos a desprazarse máis dunha hora da súa residencia, co consecuente incremento do gasto. Novamente, o PP fai distincións entre cidadáns de primeira e de segunda, diferenciándoos polo seu lugar de residencia. A loita contra o despoboamento, o abandono do territorio e a sostibilidade do ámbito é incompatible coa supresión dos servizos mínimos”.
Nova Deputada
Na sesión plenaria tomou posesión da acta de Deputada Sonia Méndez García. “Con ganas e vontade de aportar ó traballo que está a levar a cabo esta Deputación en materia de políticas sociais e medioambientais, así como para que Lugo deixe de estar á cola”, remarcou. É a quinta muller que forma parte do Goberno Provincial de José Ramón Gómez Besteiro, xunto a Lara Méndez, Regina Polín, Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo. Coa súa incorporación, a representación feminina no Executivo lugués é do 40%. Con respecto á formación política da que forman parte, dos 11 Deputados do PSOE, 5 son mulleres. En contraposición, no PP só hai 1 muller, aínda que son 12 os Deputados populares na Corporación Provincial.
Méndez García naceu o 12 de novembro de 1974 en Lugo. É licenciada en Dereito, coa especialidade de Administración Local, e titulada en Criminoloxía. Entre 2001 e 2006, foi Xefa de Gabinete do Alcalde de Lugo. No 2007 entrou a fomar parte das listas do PSdeG-PSOE. Ese ano asumiu a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos do Concello de Lugo. Na actualidade, segue a ser a responsable de dita Concellería, así como Secretaria de Política Municipal, Economía e Emprego na Executiva Local do PSdeG-PSOE en Lugo.
Confrarías
A de Lugo é a única Deputación en Galicia que colabora con todas as confrarías de pescadores da provincia. “Nun contexto de axuste orzamentario, non só mantemos as axudas ó sector, senón que as incrementamos, posto que anteriormente, co PP na Deputación, esta institución só colaboraba coa confraría do Vicedo”. Así o destacou Gómez Besteiro, tras unha moción do Partido Popular. Durante o debate da mesma, o voceiro provincial socialista remarcou que mentres Deputación incrementou as axudas ó sector, Xunta e Goberno Central, administracións coas competencias na materia, aplicaron recortes. Neste senso, Martínez desvelou que no 2013 a Xunta deixou sen executar 3,5 millóns de euros do orzamento designado para axudas ó sector pesqueiro.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



