Burela, 29 de abril de 2014. Cervo e Burela acollerán o XXII Congreso Internacional de Periodipesca do 1 ao 4 de maio. Medio centenar de periodistas especializados en caza, pesca, natureza, turismo rural e de aventura realizarán visitas nos dous concellos para coñecer de preto os recursos turísticos cos que contan. Achegaranse en Burela á lonxa, ao barco museo Reina del Carmen ou ás redeiras e en Cervo visitarán Sargadelos e unha carpintería de ribeira.
Na presentación, que tivo lugar esta mañá, o rexedor burelés dixo que “estes profesionais debaterán sobre aspectos vinculados co turismo, coa pesca… e farán varias visitas tanto en Cervo como en Burela para coñecer a fondo os recursos turísticos cos que contamos os dous concellos. Hai visitas en Burela á lonxa, para que presencien in situ unha poxa de peixe, visita ao barco museo Reina del Carmen, ás redeiras, e en Cervo achegaranse ata Sargadelos e a unha carpintería de ribeira”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que “deste xeito comprobarán en vivo e en directo a importancia dos recursos que temos nos dous municipios. O obxectivo último que perseguimos coa celebración deste congreso aquí é captar turismo e visitantes tanto para Burela como para Cervo e que iso se deixe sentir nos nosos sectores económicos”.
González Barcia lembrou que “xa en Fitur contactamos con responsables de Periodipesca para organizar este congreso aquí. Evidentemente traerá consigo un reforzamento do noso tecido socioeconómico e do que se trata, fundamentalmente, é de potenciar os nosos recursos turísticos en base a este grupo de periodistas que estarán aquí estes catro días, para que os espallen e os dean a coñecer e sexamos capaces de captar máis e mellor turismo en anos próximos”.
Os dous alcaldes lembraron que “Cervo e Burela están colaborando noutros ámbitos como o obradoiro de emprego, que acaba de rematar, a auga, a solicitude de subvencións para o aforro enerxético e agora ábresenos unha nova vía en materia turística que haberá que explorar e ver si terá continuidade”.
Alfonso Villares de José Mª González Barcia desexáronlles unha feliz estadía en ambos concellos.
No acto de presentación celebrado esta mañá tamén estiveron as concelleiras de Turismo de Cervo e de Burela, Begoña Alonso e Mónica Pedre, e representando a Periodispesca acudiron Luis Macías e Joaquín Formoso.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



