A programación do circuíto Cultura no Camiño na provincia de Lugo abre este xoves a súa programación de maio na provincia de Lugo cunha actuación de música coral en Monterroso.
Esta actuación serve de apertura para unha carteleira que durante o presente mes inclúe dez espectáculos que se levarán a cabo en sete concellos do territorio lucense: A Fonsagrada, Barreiros, Quiroga, Palas, Sober e Trabada, ademais do devandito municipio monterrosino.
Así mesmo, compre destacar que preto da metade das actuacións van dirixidas directamente ao público máis novo, para o que están previstas catro obras de teatro infantil. Precisamente o teatro, a maxia e a música concentran as propostas para o presente mes no conxunto da provincia.
O programa deste mes de Cultura no Camiño, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia, arranca mañá na localidade monterrosina coa actuación do Coro da ra. Este grupo, con máis de vinte anos de experiencia, achegará mañá (11.30 horas) ao Espazo Cultural Lorenzo Varela as súas composicións, coas que, a través da música vogal, atrévense con distintos estilos musicais.
O mesmo espazo escénico de Monterroso será o que o venres día 9 (17.30 horas) continúe coa programación destas propostas escénicas de Cultura no Camiño, un programa que se enmarca na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. Nesa xornada, a obra de teatro infantil Xan Perillán compra queixo compra pan será interpretada por Os monicreques de Kukas.
Esa mesma tarde, Sober acollerá a única actuación prevista no concello dentro deste circuíto. O grupo Hermanager Producións levará a escena a obra de teatro infantil Kiricreques na Biblioteca Municipal a partir das 18.00 horas do devandito día 9.
Tres actuacións na comarca da Mariña
O domingo día 11, o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros será o marco para a primeira das tres actuacións dispostas este mes na comarca da Mariña. A partir das 19.00 horas, Acontrabutaca Produccións interpretará a peza teatral Dous son parella… e o demais son calumnias.
Trabada tomará o relevo de Barreiros o día 16. Na mañá (10.00 horas) desa xornada, o CEIP Celso Currás é o marco escollido para seguir as evolucións da compañía A Illa dos nenos, que presentará na localidade a obra de teatro infantil A maxia dos soños. Na tarde do día 17, o grupo Creacións Máxicas Lirolai pechará o programa previsto para A Mariña co espectáculo de maxia Onde está o Mago Antón?, que terá como escenario a Casa da Cultura de Trabada, a partir das oito da tarde.
Dobre sesión os día 24 e 30
O día 24 será un día con actividade por duplicado a través de Cultura no Camiño. A Fonsagrada e Palas recibirán senllas obras de teatro. A partir das seis da tarde está previsto que se alce o pano do Salón de actos fonsagradino para disfrutar de O libro máxico, unha obra de teatro infantil que será levada a escena por Migallas Teatro. Dúas horas máis tarde está previsto que comece na Praza do Concello de Palas a obra de teatro Como cho conto, de Hermanager Produccións.
Para abrochar a carteleira de maio de Cultura no Camiño, o día 30 será tamén de dobre proposta escénica na provincia lucense. O Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso acollerá a terceira actuación prevista na localidade este mes. Neste caso, será unha actuación protagonizada polo Mago Rafa. O afamado ilusionista presentará na Ulloa o seu espectáculo ReilusionArte, co que, a través dos trucos e as súas mensaxes pretende devolver aos maiores a ilusión de cando eran nenos.
Por último, o Auditorio Municipal de Quiroga acolle o mesmo día 30 (20.00 horas), a derradeira das actuacións do mes de maio. O espectáculo Onde está o Mago Antón?, de Creacións Máxicas Lirolai será a que poña o peche ao programa de Cultura no Camiño para o mes que entra.
Colaboración privada
Coordinado por Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración con Turismo de Galicia, Cultura no Camiño 2014 conta tamén co patrocinio de Gadis. Esta segunda edición incrementa nun terzo o número de municipios lucenses participantes respecto da súa anterior edición celebrada no ano 2013.
O programa supón, en consecuencia, a vertebración dun novo e extenso circuíto de distribución de producións escénicas e musicais galegas a través de concellos situados nas diferentes rutas xacobeas, que na provincia de Lugo vense representadas con catro vías: Camiño Francés, Camiño de Inverno, Camiño Primitivo e Camiño do Norte.
A programación actualizada pode consultarse na sección de axenda da páxina web da Agadic: http://www.agadic.info/Axenda.

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



