A manifestación da CIG percorrerá Cervo, con saída ás 12.30 horas dende a Fábrica de Sargadelos neste Primeiro de Maio baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”.
Con ela a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático.
Na Galiza preto de medio millón de persoas están baixo o umbral de pobreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.
Políticas promovidas desde a Unión Europea, coa colaboración da Xunta de Galiza e do Goberno Español, están estrangulando a economía galega, a nosa pesca, o noso sector agrogandeiro, o sector naval, o sector do comercio ou o noso sector financeiro. O noso pobo sofre un éxodo propio dun país empobrecido, colonizado e utilizado como man de obra barata para os países ricos e as grandes multinacionais que gobernan Europa.
O número de desempregados/as alcanza cifras históricas, preto de 300 mil persoas no desemprego, mais do 22% da nosa poboación activa. Desde o inicio da crise, máis de 100 mil galegas e galegos, principalmente mozos e mozas menores de 35 anos, marcharon á emigración en busca de traballo. Con eles, o desemprego real supera o 30%. Un dato que a Xunta oculta e manipula.
O PP está a gobernar abertamente en favor dos intereses dos grandes poderes económicos, aportando miles de millóns de euros do erario público para axudas á banca (107.000 millóns de euros); convertendo o ensino, a saúde, a asistencia social e as pensións en negocio para o capital privado; afondando nunha política fiscal inxusta que incrementa os impostos indirectos e rebaixa os impostos directos ao capital; promovendo contrarreformas laborais que só buscan rebaixar salarios, facilitar os despedimento e substituír contratos fixos e a xornada completa, por contratos temporais ou a tempo parcial, incrementando así os beneficios e o poder da patronal e empobrecendo e debilitando á clase traballadora.
Diante da contestación social, fronte a estas políticas antiobreiras e antisociais, o PP opta pola represión e polo recorte das liberdades públicas, a través da modificación do Código Penal e da Lei de Seguridade Cidadá, situándonos diante dun auténtico estado policial que en moitos aspectos retrotráenos á época franquista.
O capital, a nivel internacional, está a aproveitar a súa propia crise sistémica para afondar nas políticas ultraliberais que conducen a máis desigualdades sociais e a unha maior concentración e centralización da riqueza e do poder. Para iso non reparan en promover recortes de dereitos, de liberdades e en vulnerar a soberanía dos Estados, mesmo recorrendo a provocar e financiar guerras que destrúen países e deixan unha estela de miles de mortos e millóns de persoas desprazadas.
Cómpre, polo tanto, a loita solidaria da clase obreira de todo o mundo, desde a súa propia realidade e autoorganización, contra este sistema socioeconómico capitalista, na procura da conquista doutro modelo de organización económica e social máis xusto, solidario e democrático, que garanta un reparto igualitario da riqueza e que sexa respectuoso co dereito á liberdade e soberanía de todas as nacións, incluída a galega.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



