Santiago de Compostela, 30 de abril de 14. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, censurou este mércores o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista na Comisión de Pesca para mellorar as condicións laborais das redeiras galegas. Logo de coñecer o voto en contra do PP, acusounos de impedir o recoñecemento das condicións laborais deste colectivo composto por 700 traballadoras en Galicia.
Val lamentou a “coherencia do PP cunha reforma laboral que busca a precarización das condicións de traballo” impedindo “calquera tipo de condicións laborais recoñecidas lexislativamente” para unhas traballadoras que están a sufrir a crise da flota de cerco e artesanal, provocada pola escaseza das cotas e paralizada polos temporais dos últimos meses.
O responsable socialista fíxose eco no Parlamento das reivindicacións deste colectivo, logo de manter unha rolda de encontros cos grupos parlamentarios para trasladarlles as súas reivindicacións. Lembrou ademais as reflexións destas redeiras, que en Burela aseguraban que hoxe traballan “por amor e afición ao oficio e non por gañar cartos”.
Parálise
José Ramón Val acusou ao goberno galego de ter paralizado a vía aberta polo goberno socialista na Xunta de Galicia para dignificar o traballo deste colectivo. Así, demandou a completa regularización do sector a través dun rexistro de redeiras con cualificación profesional “que permita rematar co intrusismo neste sector”.
A proposta socialista tamén solicitaba afondar no recoñecemento das enfermidades laborais e na posibilidade de establecer coeficientes redutores, ao igual que outros colectivos que traballan nos portos, para permitir unha redución da idade de xubilación. Finalmente, demandou unha liña de axudas que permita rematar os proxectos en risco por falla de dispoñibilidade económica.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



