Santiago, 30 de abril de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra defendeu, no seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia, as medidas de recoñecemento profesional, loita contra o intrusismo e apoio directo ao colectivo das redeiras que están a ser impulsadas polas administracións populares.
O parlamentario sinala que a Xunta de Galicia vén demostrando a súa sensibilidade e apoio a estas profesionais que se dedican á confección e reparación de redes e outros aparellos, incorporando gran parte das súas peticións aos plans de actuación da administración autonómica e estatal, a diferenza do que acontecía co PSOE no Goberno, onde estas reivindicacións atopábanse coa total indiferenza
CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Así por exemplo, Martínez-Sierra explicou que no ámbito da cualificación laboral a Consellería de Traballo e Benestar ten entregado só en Galicia máis de 240 certificados de profesionalidade que recoñecen e acreditan a experiencia profesional destas traballadoras e elaborado as propostas normativas específicas para outorgar este documento oficial.
Por outra banda o deputado salientou a posta en marcha dun plan específico da inspección laboral de loita contra o instrusismo e a elaboración –xa está na súa fase final- do norma PNE 40905 sobre confección e mantemento artesanal de artes e aparellos de pesca que, entre outros obxectivos, pretende dar cumprimento ao mandato parlamentario promovido polo PP para a creación dun selo oficial que identifique e protexa desde as administracións este tipo de redes.
ENFERMIDADES PROFESIONAIS E XUBILACIÓN
Vidal Martínez-Sierra tamén lembrou que a posibilidade de establecer coeficientes redutores co fin de adiantar a idade de xubilación destas profesionais é unha competencia estatal sobre a que existe un mandato desta Cámara aprobado xa no ano 2010
Lamentou que durante todo este tempo co PSOE en Madrid esta petición caera en saco roto e sinalou que, pola contra, desde que o PP ten a responsabilidade de goberno esta a ser obxecto de estudo e valoración no seo da Comisión do Pacto de Toledo.
Indicou tamén que desde Galicia teñen contribuído a este debate achegando informes que, elaborados polo Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo identifican e argumenta a existencia das enfermidades profesionais que afectan a este colectivo e propoñen diversas medidas para a súa corrección, tratamento e recoñecmento.
AXUDAS DIRECTAS ÁS REDEIRAS
Finalmente o deputado popular lembrou as múltiples axudas directas que ao longo dos últimos anos recibiu este colectivo (entorno a 290.822 €) e que teñen contribuído a apoiar distintas iniciativas como presenza nas feiras, proxectos turísticos, obradoiros formativos, capacitación laboral, prevención de riscos e construción e arranxo de edificacións nos portos.
Por todas estas razóns entende extemporánea e improcedente a iniciativa formulada polo PSOE reclamando estes apoios que xa existen e máis cando veñen dun partido que ata o de agora ten tratado con indiferenza a este colectivo profesional.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



