A Mariña, 01 Maio de 2014.- Tras a denuncia de ADEGA e Mariñapatrimonio realizada o pasado 12 de abril, o SEPRONA abriu unha investigación para localizar os responsables do depósito dunha entulleira con varias toneladas de cascallos de construción sobre o Castro da Croa de Sante, situado en Trabada, na provincia de Lugo.
Segundo puidemos saber ambas as dúas organizacións, as pesquisas do SEPRONA conseguiron identificar aos responsables, que agora se enfrontan a posibles multas por presunto delito contra o medio ambiente e por danos contra o patrimonio. Así mesmo, obrigaráselles a retirar todos os materiais depositados de forma ilegal neste xacemento arqueolóxico.
A meirande parte da sociedade é consciente de que non se pode deixar o lixo en calquera lugar, pero algunhas persoas seguen actuando de maneira incívica e irresponsable, provocando danos que nos afectan a todos.
Desde ADEGA e Mariñapatrimonio agardamos que este tipo de sucesos deixen de producirse no noso país e que a Administración estea máis vixiante para que así sexa. Alén disto, queremos sinalar o eficiente labor do SEPRONA pola rápida resolución deste caso.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



