Lugo, 3 de maio 2014.- O cabeza de lista de Compromiso por Galicia ás eleccións ao Parlamento Europeo, Paulo Carlos López, e o presidente do EAJ/PNV, Andoni Ortúzar ofreceron este mediodía no Gran Hotel de Lugo unha charla sobre “A Europa que queremos”, na que coincidiron en reclamar unha Europa dos pobos “que poña por diante os intereses da cidadanía e na que os galegos ou os bascos teñamos peso nas institucións europeas para defender os intereses dos nosos pobos, como o sector lácteo ou a nosa pesca”.
Nete sentido, o candidato de Compromiso subliñou que “Galicia terá voz en Europa a través de Compromiso por Galicia, a través de Coalición por Europa, que será a única candidatura nacionalista con presenza segura no Parlamento Europeo a través unha forza galeguista”.
En declaracións aos medios ante do acto, Paulo Carlos López tamén salientou que “as súas forzas compartimos unha idea de Europa máis social, na que se blinden tanto a sanidade como a educación públicas; unha Europa máis democrática, con máis peso do Parlamento Europeo en lugar dos órganos que representen os Estados”.
Andoni Ortúzar: “O PNV identifícase moito con Compromiso por Galicia, unha forza nova e ilusionante”
Pola súa parte, o presidente do PNV, Andoni Ortúzar, afirmou que “o PNV está a estreitar relacións con Compromiso por Galicia, unha forza nova e ilusionante coa que nos identificamos moito porque atopamos no seu ideario e na súa forma de ver Galicia e entender a política e a Unión Europea moitos puntos en común co que defende o PNV para Euskadi, para o Estado español e para Europa”.
Neste sentido, Andoni Ortúzar coincidiu co candidato de Compromiso por Galicia en que “Europa non pode ser a dos axustes, a dos restricións e a que se esquece da xente. Ten que ser xusto o contrario”.
Así, avogou por “unha Unión Europea que constrúa unha sociedade máis xusta, máis equilibrada e progresista; que Europa volva ser ese espazo común de progreso, de liberdadades e de democracia, como foi no seu inicio e que agora se está perdendo”.
A este respeito, o presidente do PNV sinalou que “a crise internacional puxo de manifesto que a Europa dos estados fracasou, non funciona, e por iso nós propomos a Europa dos pobos”.
“Cremos -concluíu- que a mellor maneira de achegar Europa e de recuperar a confianza da cidadanía nas institucións comunitarias é que os galegos, os bascos ou os cataláns a sintan como unha proxección propia, pero para iso temos que ter unha representación digna nos órganos de decisión europeos”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



