Vista Alegre vivirá a súa estrea no Play Off polo título de Liga o sábado 10 de maio. A partir das 13.00 horas, Burela Pescados Rubén e ElPozo Murcia comezarán o seu duelo de cuartos de final que se dirimen nunha serie ao mellor de tres partidos.
Cuartos Play Off Título de Liga
Primeiro partido: Burela Pescados Rubén – ElPozo Murcia
Sábado 10 maio, 13.00 horas. Pavillón Vista Alegre. Directo Energy TV
Segundo partido: ElPozo Murcia – Burela Pescados Rubén
Venres 16 maio, 21.00 horas. Palacio dos Deportes
En caso de terceiro partido: El Pozo Murcia – Burela Pescados Rubén
Domingo 18 maio, 12.00 horas. Palacio dos Deportes
O primeiro envite contará coa presenza das cámaras de Energy TV que retransmitirán en directo un partido histórico para o Burela Pescados Rubén que afronta por primeira vez esta eliminatoria. Os pupilos de Juanlu Alonso están preparados para a ocasión e coa forza da afección esperan dar a sorpresa ante ElPozo Murcia que é o claro favorito neste duelo. Neste sentido expresouse o adestrador burelés “o rival é moi complicado pero a nosa ilusión é dar a sorpresa. traballamos moito para chegar a este momento especial e imos competir por pasar esta rolda. Non pensamos máis aló do partido en Vista Alegre, é a nosa final e imos ir a por todas ante ElPozo que está nun gran momento”.
Nesta festa de Fútbol Sala, a afección laranxa xogará un papel fundamental para converter Vista Alegre na “A bombonera” das grandes ocasións. Respecto diso, Juanlu amosouse convencido de que “a afección vai xogar tamén este partido. O seu apoio é moi importante
para o equipo e ante ElPozo Murcia é evidente que pasaremos momentos de apuro, a súa forza pode darnos ese plus necesario pasa superar as adversidades”.
Na mesma liña que o técnico burelés amosouse o capitán, Juanma, que afronta este momento “con enorme ilusión e responsabilidade”. O “Mariskal” viviu en primeira persoa o crecemento da entidade “imos gozar dun Play Off polo título de Liga de Primeira División, é unha cita histórica para o club. Non fai moito tempo estabamos xogando Play Off para o ascenso a Primeira División e debemos ser conscientes quen somos e de onde vimos. A ilusión debe ser a nosa forza e con ese argumento ao noso favor imos competir ante un grande do Fútbol Sala como é ElPozo Murcia. O sábado xogamos nosa final, ante a nosa gran afección e queremos brindarlles unha gran alegría”.
CONVOCATORIAS
Burela Pescados Rubén: Edu, Brais, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez, Juanma.
ElPozo Murcia: Fede, Fernan, José Ruiz, Juampi, Jesús, Bebe, Fabio, Kike, Adri, Raúl Campos, Eka, Gréllo, Franklin. Baixas: Álex, Miguelín, Rafa.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
