Burela (Lugo), 9 de maio de 2014. O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco pediu este venres á cidadania “non resignarse ante a resignación da dereita, ante o abandono, antes os recortes, ante a súa falta de ideas”.
Blanco mantivo hoxe unha intensa xornada de traballo na Mariña luguesa, na que visitou a Cooperativa Os Irmandiños, o concello de Viveiro, a lonxa de Celerio, e pola noite celebrou un mitin en Burela. Alí demandou mobilización “non basta con indignarse, porqué a indignación non cambia gobernos, a abstención non cambia as políticas”.
O candidato socialista acusou ao PP de “abrazar a austeridade e asixiar aos cidadáns”. Pero advertiu que esta receita fracasou “porque hoxe hai máis paro, máis precariedade, máis desigualdade. Aumentou a pobreza e a desigualdade, a concentración da riqueza en poucas mans”.
Blanco afirmou “contra os apóstoles da austeridade e a desigualdade só hai unha menciña, o purgatorio das urnas. Nas urnas o voto de calquera galego vale o mesmo que o de Merkel”. Adevertiu ademais que o cinturon dos cidadans “xa non ten máis buratos, non se pode apretar máis. A asfixia económica e social é insoportable”.
Demandou “un xiro na economía e un xiro social”. “Agora –dixo-è hora de apostar pola nosa pesca, hai que dicirlle ao PP e a Cañete que deixen de enfrontar ao sector. É tempo de repartir as cuotas de forma xusta. E de impulsar a política pesqueira acorde ás necesidades da rexión pesqueira máis importante de Europa”, espetou.
Non hai rebelión más efectiva que o voto nas urnas o 25 de maio
Blanco aseverou que “os dereitos sociais non se recuperan quedando na casa. O benestar non se conquista sen mobilización. O investimento e o emprego non se xeran sen cambio. O Cambio esixe mobilización e participación”, insistiu.
Por iso demandou “loitar polo crecemento e defender o emprego, frente á inxustiza do PP”. E resumiu “hai que rebelarse, e non hai rebelión más efectiva que o voto nas urnas o 25 de maio”.
Dixo que para lograr un cambio de timon en Europa “hai que votar ao Partido Socialista”. Por último fixo un chamamento a toda a xente galeguista e progresista de Galicia, que cre en Galicia, que quere a Galicia a dar un paso ao frente, a votar ao Partido Socialista”, concluiu.