Este sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico o trío ROSAS…. PARA GALICIA vai ofrecer un concerto musical aberto a todo o público en xeral. O grupo, formado por Julia María Dopico (bandurria), José Luis Mera (recitador poético) e Daniel Adzemian (guitarra) van interpretar un amplo programa musical no que inclúen dende habaneras (“Habanera Aurora”) ata clásicos populares Galegos como “Unha Noite na Eira do Trigo”, “Negra Sombra”, etc. Esta formación, que é a primeira vez que actua en Xove, está englobada dentro da Asociación Cultural Brigantia de Ferrol. A entrada será totalmente libre e gratuíta, para tódolos públicos.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



