A Mariña, 21 de maio de 2014.- O castro da Croa, parroquia de Sante, concello de Trabada, ven de ser incluído no Inventario de xacementos arqueolóxicos coa denominación de do Barreiro e coa clave GA27061021.
MariñaPatrimonio solicitara a súa inclusión o pasado mes de abril, ao ter constancia da súa existencia e ao sospeitar que o Servizo de Patrimonio de Lugo non o tiña inventariado. Grazas a esta inclusión, o xacemento gozará de protección e non debería sufrir máis agresións como a rexistrada recentemente co depósito ilegal de toneladas de escombros, feito que foi denunciado no seu día perante o SEPRONA por ADEGA e MariñaPatrimonio. A mencionada protección tamén deberá evitar que se estrague o xacemento cando se corten os eucaliptos plantados sobre este ben patrimonial.
Os propietarios das parcelas que conforman o castro foron informados pola Xunta e calquera actuación que afecte ao xacemento e ao seu contorno de protección, deberán notificarllo á Consellería de Cultura.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



