Xove, 22 de maio de 2014.- Rematou en Xove o curso de informática dirixido a maiores. O Curso, que tivo unha duración de 20 horas, rematou este 21 de maio coa entrega de Diplomas a cargo da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. O mesmo foi desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove. Dirixido a maiores de 50 anos, no mesmo as persoas participantes coñeceron o manexo de Windows, traballaron co programa Word e iniciáronse na Internet. Esta actividade foi moi ben acollida polos asistentes xa que os coñecementos adquiridos no Curso sonlles moi útiles para a súa vida diaria: contacto con familiares, busca de información, correo,…
Rematou en Xove o curso de informática dirixido a maiores
Rematou en Xove o curso de informática dirixido a maiores
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores