A CIG-Saúde vén de solicitar do Valedor que realice as actuacións pertinentes para que se determine se a medida adoptada polo SERGAS de destruír probas diagnósticas é contraria á normativa vixente. Denuncia que na Área de Xestión Integrada de Lugo, que abrangue as áreas sanitarias de Lugo, Monforte e Burela, non están dispoñíbeis nin as exploracións radiolóxicas, nin o respectivo informe clínico e que desde o Hospital da Costa (Burela) informouse ás/aos profesionais que decidiran queimalas porque dixitalizalas saía moi caro.
As/os profesionais do hospital da Costa informaron á CIG-Saúde de que a destrución das probas radiodiagnósticas foi comunicada polo Xerente da EOXI de Lugo, SR. Quintans, nunha xuntanza que mantivo cos xefes de unidade e servizo dos FEAS neste hospital. Unha xuntanza na que se lles explicou que inicialmente estaba previsto dixitalizar estas probas pero que, como saía moi caro, finalmente decidiran queimalas, deixando ao persoal facultativo sen acceso aos arquivos históricos dos/as doentes.
A CIG-Saúde considera que a valoración continuada dun proceso asistencial é fundamental para que o persoal facultativo poida facer un traballo de calidade e segundo a interpretación que fai da normativa vixente, “non se pode destruír ningunha documentación ou proba clínica, máxime cando o proceso segue sometido a revisión médica”.
A federación tamén recibiu información de que no hospital do Barbanza (Riberia) tamén se levou a cabo a medida de destruír probas diagnóstica.
Entenden que isto provoca unha situación de desprotección nas/os doentes, ao non poder ter completo o seu historial médico, “só por causa de que a administración sanitaria quer aforrar, sen valorar as consecuencias negativas desta medida”.
Lembra que en Galiza o historial clínico está lexislado pola Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica das/os pacientes.
Esta lei recolle no seu artigo 20.- Conservación, que:
1.-A historia clínica deberá conservarse en condicións que garantan a preservación da información asistencial que contén, aínda que non se manteña no soporte orixinal no que se xerou, coas cautelas que se establezan regulamentariamente para evitar a manipulación de datos cando non se manteña o devandito soporte orixinal.
2.-Conservarase indefinidamente a seguinte información:
-Informes de alta.
-Follas de consentimento informado.
-Follas de alta voluntaria.
-Informes cirúrxicos e/ou rexistros de parto.
-Informes de anestesia.
-Informes de exploracións complementarias.
-Informes de necropsia.
-Folla de evolución e de planificación de coidados de enfermería.
-Outros informes médicos.
-Calquera outra información que se considere relevante para efectos asistenciais,
preventivos, epidemiolóxicos ou de investigación.
-A información daquelas historias clínicas nas que a conservación sexa procedente por razóns xudiciais.
3.-O resto da información conservarase, como mínimo, ata que transcorran cinco anos desde a última asistencia prestada ó paciente ou desde o seu falecemento.
Do mesmo xeito, o DECRETO 29/2009, de 5 de febreiro, polo que se regula o uso e acceso á historia clínica electrónica, na súa disposición transitoria primeira estabelece que “a historia clínica en soporte papel coexistirá coa historia clínica electrónica en tanto non se produza a dixitalización do sistema de documentación clínica actualmente existente.























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



