Vilalba volve ser escenario dunha xornada sobre emprendemento empresarial o venres 27 de xuño que contará, nesta segunda edición, coa presenza de dous actores sobradamente recoñecidos no panorama audiovisual galego: Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán.
Este último é un dos fundadores, xunto a Marcos Pereiro, da produtora Airapro que conta na súa carteira con máis de 20 artistas coma Pepo Suevo, Herdeiros da Crus, Sés ou o propio Fede. Así mesmo, produce programas para a TVG coma “As cantareiras de Ardebullo” ou “Tourilandia”.
O actor con máis proxección do audiovisual galego, Xosé Antonio Touriñán, e o lingüística reconvertido a guionista e carismático actor, Fede Pérez, achegarán a súa experiencia persoal emprendedora durante esta II Xornada de Emprendemento e Empresa Vilalba 2014 dirixida a mozos recentemente titulados e con inquietudes empresariais, empresarios con liñas de negocio, novos empresarios, persoas desempregadas ou calquera outro interesado.
O autoemprego, axudas e financiamento de ideas emprendedoras, asociacionismo e búsqueda de sinerxias, cooperativismo e creación de SATs ou outros tipos de emprendemento no rural, así coma exemplos de relevo xeracional en empresas da comarca serán outros dos temas da xornada que dará comezo ás nove da mañá coa presentación e benvida da man de David Díaz Losada, presidente do GDR Terra Chá.
Ademais de Xosé Antonio Touriñán e Fede Pérez, tamén participarán como ponentes nesta edición da xornada os técnicos de emprego do Concello de Vilalba e Xermade, Gonzalo Hermida e Ernesto Ares, respectivamente, coa finalidade de ofrecer aos participantes ideas sobre o financiamento de ideas emprendedoras. A búsqueda de sinerxias de cara ao emprendemento chegará da man da presidenta da Federación Galega de Empresarios Novos (Fegaxe – AJE Galicia) e secretaria de AJE Lugo, Carmen José López. Hixinio Mougán, director-xerente da Asociación de Cooperativas Galegas AGACA, repetirá este ano nesta xornada para participar na ponencia sobre cooperativismo e creación de SATs no rural.
Nesta segunda edición engádese tamén unha conferencia denominada “Onde estabas e onde estás?” co obxectivo de recoller a evolución neste último ano de tres empresas participantes na primeira edición da xornada Emprendemento e Empresa Vilalba. Así, Jacobo Lázare, Javier Mouriño e Simón Cabarcos repiten tamén na xornada para falar sobre as súas respectivas empresas: Disco Azul, Intermax Technology e Blindaxe Sports.
E como novidade, despois dun xantar conxunto gratuíto, a tarde reservarase para varias visitas guiadas a empresas da zona asentadas baixo a concepción de emprendemento en base ao rural.
Inscricións e información
Os interesados en participar nesta xornada gratuíta organizada por Newton Formación coa colaboración de AGADER e AJE Lugo poden inscribirse ata o mércores 25 de xuño no enderezo electrónico emprendevilalba@gmail.com achegando o nome completo, DNI e teléfono de contacto. As prazas limítanse ao aforo do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba de 150 persoas.
Os interesados poden consultar máis información a través da web www.emprendevilalba.com.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



