Despois das interesantes tres charlas anteriores, a cargo de Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Chemi Lombardero Rico e Víctor Moro Rodríguez, este venres 30 de maio terá lugar a última das charlas do ciclo ‘Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo’, que correrá a cargo de José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández, co título ‘La evolución de Ribadeo desde mi llegada’. Coma sempre, a charla desenvolverase no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas.
O conferenciante ten sido durante unha longa etapa Secretario do Concello ribadense. Nado en Luarca, despois da súa etapa en Ribadeo marcada pola pegada da súa profesionalidade, pasou a ocupar praza en Vigo, onde reside de onde se despraza con frecuencia á nosa vila. Ó seu paso por Ribadeo deixou ligazóns familiares e de amizade, a máis das profesionais, non sendo alleo a actualidade ribadense e mantendo contacto con diversos temas do día a día no noso pobo.
Pódense atopar publicacións del en revistas especializadas con títulos tan suxerentes como “Injusticia es todo lo que se hace contra el Derecho: cuestiones y consideraciones sobre la Administración de Justicia”, ou o título do seu libro “La nueva república española”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



