Unifoz acusa ó Sr. Alcalde de “faltar á verdade”. “Quere enganar aos veciños/as unha vez máis. UNIFOZ XA VOTOU A FAVOR PARA QUE PODAN COBRAR OS PROVEDORES NO MES DE MARZO E O FACERÁ OUTRA VEZ EN ESTE PLENO”.
No pleno do mes de marzo UNIFOZ, díxolle ao desgoberno do PP de Foz, que solo votaría a favor das facturas que están fora de contabilidade QUE NON TIVERAN REPAROS DE INTERVENCIÓN.
Así pois esta foi a proposta que se aprobou co voto favorable do PP e UNIFOZ, resultando que despois se modificou o informe de intervención , e dando como resultado que ao día de hoxe dous meses máis tarde estamos como empezamos,os provedores sen poder cobrar, e que aínda teñamos que estar tratando este asunto, pola parálise administrativa que padece o Concello.
A parálise administrativa, provoca que case cerca de dez servizos privatizados, teñen en situación ilegal, con un claro prexuízo para as arcas do Concello, pero o Sr Castiñeira, solo lle preocupa subir impostos aos veciños, e gastar cerca de 90.000 € en festas.
Cada día que pasa o PP de Foz, está xerando facturas con reparos de intervención, por non aplicar o procedemento legal, e pola súa desastrosa forma de gobernar.
Así pois UNIFOZ quere que cobren os provedores o antes posible, que por culpa do Alcalde que incumpre a lei sistematicamente, están esperando fai máis dun ano.
Se o PP de Foz, quere aprobar as facturas pendentes con REPAROS DE INTERVENCIÓN, co voto de UNIFOZ, terá que dar solución a todos os contratos que ao dia de hoxe están caducados, ben coa súa municipalización ou sacalos a concurso aberto, ou do contrario falar co interventor/a para que elimine os reparos, UNIFOZ, non votará a favor de facturas con ilegalidades.
O PP de Foz está demostrando está demostrando que paga aos provedores segundo interesa, como o demostra que ao día de hoxe non pagara aínda a parte correspondente para que os nosos rapaces podan facer a selectividade en Viveiro.