Lugo, 28 de maio de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este xoves o III Volante Deputación de Lugo, una actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilistica, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando o gañador pilotar un Suzuki Swift Sport do trofeo de dita marca.
Esta iniciativa deportiva, que está posta en marcha pola institución provincial en colaboración co Concello da Pastoriza e a PTC Escuela, e que consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros, celebrarase os días 27, 28 e 29 de xuño, no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC e colaboradores deste proxecto
Pode formalizar a inscrición nesta promoción calquera persoa interesada, que cumpra as seguintes condicións: estar empadroado en calquera provincia da Comunidade Autónoma de Galicia, non ter experiencia previa de ningún tipo, excepto kárting, en competicións automobilísticas, estar en posesión do permiso de conducir na data na que se realicen as diferentes fases, e reunir, na data de celebración do Rallie San Froilán do ano 2014, todos os requisitos esixidos pola Federación Galega de Automobilismo para obter a Licenza de Condutor (piloto) segundo a normativa para a expedición de licencias do ano en curso.
O prazo para enviar os formularios de inscrición estará aberto a partir do sábado 1 de xuño e permanecerá aberto ata as 00:00 horas do mércores 25 de xuño de 2014, ao máis tardar, e o prezo de inscrición será de 36 euros.
O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2014 dentro da estrutura do equipo de competición Vallejo Racing-PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.
Neste sentido, Antonio Veiga animou “a todos os afeccionados do mundo do motor a participar no Volante Deputación de Lugo, pois de gañalo, participarían no Rallye San Froilán, unha proba histórica que este ano acada a súa XXXVI edición, e pola que teñen pasado os mellores pilotos da esfera nacional e estatal”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
