Lector/a amigo/a.¿lémbrase de Olimpita?… Orfa de nai, na compaña do pai, médico municipal, coñecido por’’don Manuel da Congostra” porque ali fixara o domicilio, chegara a Foz en 1941. En 1968.“Gaceta Médica”, do Colexio Médico de España, nas páxinas literarias, ocúpase da súa poesía e dalí piden ó cronista moi breve semblanza que encabece o traballo; e escribimos:“Olimpia Pérez., mujer de alma sensible,.domina los campos de la cultura que, por la poesía, expresan un estado anímico, una vivencia, un sentimiento…. Hija de médico, a su lado forjó el espíritu de hondo humanismo, y de amor a la labor de aquellos galenos que canta en sus versos, huyendo de formas almibaradas y de perfumes de salón, transpirando aromas campesinos y marineros del Foz donde reside..”. Teceo a súa obra; foi voz poética do pobo; icona cultural e musa da intelectualidade O vate viveirés César Michelena dixera: “Sorbió de Foz la inspiración más pura / en la fuerte impresión de tal belleza; /supo captar de la Naturaleza /el íntimo sabor de su hermosura…” Cantou a Foz; ó mar e ós mariñeiros; a personaxes populares, ás praias; ó Entroido, ó San Lourenzo e a Virxe do Carme; ó Asilo, ó naufraxio do Jesús Nazareno… En 1998 publicou “Foz en el recuerdo”, que presentamos na Feira do Libro daquel ano; e en “Mulleres destacadas de Galicia”, E.Alvarellos fai a loa da mesma. O“Alalá do Masma” musicado por F, Canoura, é un fito local.. Tal actitude, xenerosa e altruista, nunca foi recoñecida polo estamento oficial. Para os Premios Manuel María, do ano 2005, o cronista a propuxera candidata a un dos mesmos; o infortunio da iniciativa foi tal que non mereceo sequera a cortesía elemental do acuse de recibo da suxerencia por parte da organización…. A poetisa, que nunca soubo da proposta, foi investida Dona de Isabel de Castro por O Mundo de Galea e a Coral de Foz homenaxeouna cun concerto na súa honra, no que cantou o “Alalá”. Olimpia, nonaxenaria (30.05.24), lonxe do seu pobo, vive a vellez serena, nostálxica do Foz que tanto cantou..Lembranzas para ela.
Suso Fernández




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



