O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14, que se celebrará os días 6 e 7 de xuño, está a superar o éxito acadado o pasado ano na súa estrea. O feito de que as 200 entradas dispoñibles inicialmente para seguir o evento no Salón de Actos do Pazo de San Marcos estiveran esgotadas en menos dunha hora é proba de que este Congreso xa se ten convertido en referente galego da cultura dixital.
Ante a extraordinaria acollida, que mesmo superou as cifras do pasado ano -cando as entradas se esgotaron en seis horas-, a Deputación habilitará o Salón de Plenos, no que quedará instalada unha pantalla xigante que emitirá o Congreso en directo. Para poder seguir o desenvolvemento de todas as actividades dos días 6 e 7 de xuño dende este Salón, os interesados poderán facerse coa súa entrada a partires das 12:00 horas do martes, 3 de xuño, nas web www.deputacionlugo.com ou www.inlugo.com. As inscricións faranse por rigorosa orde de entrada de solicitudes.
De calquera xeito, todos os que non poidan achegarse ata o Pazo de San Marcos durante a fin de semana, poderán seguir en directo o evento, ó igual que na primeira edición, a través das redes sociais co hashtag #inlugo14, e en directo, vía streaming, grazas ó traballo dos alumnos da Fundación TIC.
Reputados ponentes
O Congreso contará con destacadas figuras como Ramón Lobo, xornalista de raza, escritor de éxito, blogueiro e corresponsal de guerra nos conflitos bélicos como os de Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona, Liberia ou Ruanda, quen falará sobre o intenso momento que vive o xornalismo dixital; Carlos Fernández, responsable do éxito de @policia, o corpo de seguridade con máis seguidores en Twitter a nivel mundial tras desbancar ó FBI; Pepo Jiménez, @kurioso, responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos; Delia Rodríguez, redactora do Huffington Post, experta en Internet e autora de “Memecracia”, onde relata o fenómeno dos memes e virais, así como a súa influencia na sociedade; Efrén Vázquez, lucense que participou no concurso Master Chef falará sobre a moda gastronómica e a influencia das redes sociais no sector; Clara Ávila, blogueira de referencia, galardoada co premio Bitácoras ó mellor blog tecnolóxico por “La Chica del Facebook”; Carlos Guadián, editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do Goberno Aberto; Cristina Juesas, asesora do proxecto do Goberno Aberto do Executivo Vasco, pioneiro en España; Paloma Abad, coordinadora do suplemento de moda, gastronomía ou tecnoloxía do País Semanal; Laura Pintos, redactora xefe de mujerhoy.com. Xunto a eles, haberá representantes da blogosfera lucenses, como Elio Laureano, Hugo Iglesias, Rubén Pérez, Santiago Martínez…, ata completar un cartel de case 30 ponentes, que contan con miles de seguidores nas redes sociais.
Candidatos ós Premios INLUGO
O prazo de presentación de candidaturas para optar á segunda edición dos Premios INLUGO, que recoñecen aquelas iniciativas, persoas e organizacións da provincia que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías, continúa aberto ata o 4 de xuño.
Todos os que desexen participar aínda están a tempo de facelo, para o cal só terán que cubrir o formulario dispoñible en http://www.inlugo.com/premios-inlugo/, co seu nome, teléfono de contacto e correo electrónico, tendo ademais a posibilidade de adxuntar todos os documentos que desexen para avalar os seus méritos. As categorías do certame son: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Social; e Tecnoloxía.
Rematado o prazo para a presentación de candidaturas, un xurado formado por membros da Deputación será o encargado de elixir ós gañadores dos galardóns que se entregarán o día 7 de xuño, como broche final ó congreso #INLUGO14. Os gañadores recibirán unha figura-galardón e un iPad mini de última xeración cedidos, de xeito totalmente gratuíto, pola compañía Telefónica.
Máis información sobre calquera aspecto relativo ó Congreso #INLUGO en www.deputacionlugo.com e www.inlugo.com.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



