Ribadeo, 5 de xuño de 2014. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, envioulle nas últimas horas unha carta ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, na que lle traslada a histórica demanda do Concello de querer recuperar o xulgado de primeira instancia e instrución, perdido hai 50 anos, e na que o convida a que visite institucionalmente Ribadeo para coñecer tamén de primeira man a situación lamentable na que se atopa o xulgado de paz.
Na carta Suárez Barcia lembra que “a opinión popular expresada a través dos representantes de todas as formacións políticas que gobernaron ou formaron parte das Corporacións Municipais foi a de facer cantos esforzos puideron para que Ribadeo recuperase o inxustamente perdido xulgado… Serva esta brevísima escolma de actuacións para contrastar as curiosas e alarmantes situacións do momento actual, onde por unha banda, o goberno do Estado lonxe de compartir a nosa reivindicación está a pretender anular os xulgados comarcais coma o de Mondoñedo e practicamente eliminar os de paz coma o actual de Ribadeo”. E lémbralle que “a Xunta lonxe de apoiar as reivindicacións de Ribadeo acaba de mandar hai poucos días unha comunicación formal para que sexa o Concello quen asuma a titularidade do contador de electricidade e o abono dos gastos, aínda que iso non leva ocorrido nin nas épocas pre constitucionais de 1964”.
O alcalde convida a Alfonso Rueda a visitar institucionalmente Ribadeo “e vexa de primeira man a situación lamentable na que se atopa o xulgado de paz”.























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



