Este domingo 8 de xuño a vila de Cedeira acolleu por segundo ano consecutivo unha proba da Liga Galega da Moto de Campo onde fai un ano dera comezo a súa andadura a Liga Galega. Un ano despois estase a consolidar como o único campionato galego no mundo do enduro.
O Enduro Team Galipizza&cía acudía a esta nova cita cos seus pilotos habituais, Manuel Grandío, en Open 2T, e Santi Chao, en Veteranos PRO 4T. Ámbolos dous estaban moi motivados para esta carreira pola proximidade e a participación da afección ademais da similitude cos montes de Viveiro onde adestran os duos pilotos.
A sorte foi dispar para os integrandes do Enduro Team Galipizza&cía. Manuel Grandío conseguía un excelente sexto posto nunha xornada moi complicada debido a chuvia que non deixou de caer ó longo do día e que o piloto conseguiu solventar logrando acabar a carreira sen ningunha penalización e con moi bos tempos.
Santi, pola contra, a pouco de empezar a carreira sufría unha caída que deixaba o seu xeonllo esquerdo moi tocado e a pesar de tentar por tódolos medios seguir coa carreira marcando o mellor tempo de primeira especial na categoría, os problemas agravaríanse e obrigarían ó piloto do Viveiro Enduro a abandonar a proba despois de rematar primeiro a xornada.
Agora toca facer unha valoración das lesións para saber se é posible afrontar a última proba da Liga con garantías de éxito antes do parón polo verán. Esta proba está calendada para o 29 de xuño en Trevias (Asturias).