A Mariña. – 10 de xuño de 2014.- Esta pasada fin de semana, sábado 7 e domingo 8, a Asociación Sociocultural MariñaPatrimonio realizou un roteiro pola comarca da Mariña Central nos concellos de Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e Lourenzá, en colaboración coa asociación afín Roxín Roxal, que desenvolve o seu extenso labor de defensa do patrimonio cultural e natural na comarca das Mariñas coruñesas. A actividade contou cunha participación total de 70 persoas convocadas entre as dúas asociacións.
O sábado o grupo visitou pola mañá a basílica de San Martiño de Mondoñedo, o obradoiro e o paradisíaco xardín do artista Daniel Caxigueiro, os restos do castelo da Frouxeira e a fortaleza do Castro de Ouro; pola tarde o grupo desprazouse aos montes do Chao de Padorno, onde se atopan o Prado das Chantas e diversos monumentos megalíticos. O animador cultural e escritor valadourense, Lionel Rexes, foi o encargado de guiar este roteiro.
O domingo, a xornada comezou na praza da catedral de Mondoñedo coa visita á sé episcopal, continuou cun interesantísimo percorrido pola cidade e rematou na Ponte do Pasatempo. A visita foi guiada polo concelleiro de cultura, Xusto Fernández Haro e o arqueólogo municipal, Abel Vigo.
Despois dunha comida de confraternidade na Casa da Penela, en Masma, o grupo rematou a xornada na Fortaleza de Tovar, un espectacular edificio do s. XVI que domina o fermoso val de Lourenzá na parroquia de Sto. Tomé e que está aberto ao público desde comezos deste ano, despois dun admirable traballo de restauración e posta en valor, por parte do seu propietario, José Ventoso.
MariñaPatrimonio valora de xeito moi positivo estas xornadas de divulgación do patrimonio histórico mariñán e, especialmente, o resultado desta colaboración que abre a porta a un traballo de cooperación entre estes dous colectivos que comparten obxectivos e intereses en torno á defensa, divulgación e goce social do patrimonio cultural material e inmaterial así como natural, tan valioso como ameazado e necesitado de atención.
Nas próximas semanas, o colectivo ten programado un roteiro curto no concello de Cervo, para dar a coñecer e pór en valor a Fraga de Martín Paz, na cabeceira do Rio Covo, un espazo natural de bosque atlántico moi ben conservado e que, por iso, precisa ser protexido fronte á expansión do eucaliptal.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



