Santo André de Boimente, 10 de xuño de 2014.- Máis de medio cento de persoas veñen de gozar coa asociación Fraga das Saímas dunha fin de semana de ocio, tempo libre e cultura por terras cántabras organizada polo colectivo feminino, en colaboración con viaxes Lucus.
O pasado sábado, 7 de xuño, o colectivo de San Andrés de Boimente partiu cara a terras cántabras, acompañado dun nutrido grupo amantes da aventura. Logo dunha parada en Cudillero, na que os viaxeiras/os pasearon e disfrutaron da beleza desta pequena vila mariñeira, a expedición desembarcou en Santillana del Mar para visitar o Museo Nacional de Altamira, Centro para a conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira, onde tamén tiveron ocasión de coñecer a exposición permanente “Los tiempos de Altamira” e a Neocueva, unha réplica artificial case perfecta das covas orixinais. Xa pola tarde, arribaron en Santander, onde gozaron dunha visita panorámica guiada pola cidade e unha ruta a pé polo centro, achegándose ao interior das dúas igrexas que conforman a singular Catedral da Nosa Señora da Asunción. Logo deste recorrido polo casco da cidade os excursionistas desprazáronse ata a Península da Magdalena para disfrutar da beleza da súa contorna, do Real Pazo da Magdalena (monumento declarado monumento histórico-artístico no 1982) e dos pingüíns, focas, leóns mariños e patos que alberga o mini ZOO. O grupo clausurou este intenso e apaixoante día disfrutando dunha espléndida cea servida no hotel Viadero e paseando pola encantadora vila de Noja.
O domingo á mañá, o grupo trasladouse á vila mariñeira de Santoña, onde coñeceron de primeira man o proceso de limpeza, envasado e comercialización das famosas anchoas durante a visita a unha das súas fábricas conserveiras tradicionais de anchoas. A mediodía e cun clima inmellorable o grupo embarcou no Villa-Fuica para disfrutar durante unha hora da ruta 3 mares. Marismas, Bahía e Acantilados. Antes de abandoar esta vila de profunda vocación mariñeira, o grupo tivo ocasión de falar co activista francés pola paz, Joel Butón, o cal recordaba con cariño o seu paso por Viveiro. Joel leva máis de 14 anos viaxando por todo o continente europeo reclamando a eliminación das minas antipersoas.
Logo do xantar o grupo colleu rumbo a Rionansa para adentrarse na Cueva de El Soplao ou tamén coñecida como a Capilla Sixtina da xeoloxía, un excepcional patrimonio de arqueoloxía mineira de algo máis de 30 kms. de galería, planos inclinados ou castilletes e onde o grupo de aventureiras/os tiveron unha oportunidade única para admirar a abundante e complexa diversidade de formacións excéntricas que atesoura esta cavidade.
Xa de camiño a casa e antes de despedir ao grupo a Presidenta da asociación Fraga das Saímas quixo agradecerlles a súa aposta por acompañar nesta aventura cántabra ao colectivo feminino e a súa confianza amosada na entidade de San Andrés e prometeu que o colectivo intentaría seguir programando novas viaxes e sorpresas “para todos aqueles e aquelas que gocen acompañándonos na nosa andaina viaxeira”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



