A concelleira do grupo municipal socialista de Foz, Rosa Gradaílle, ven de anunciar a súa renuncia como voceira municipal mediante unha carta que di, textualmente:
“En Foz, a 10 de xuño de 2014.
No día de hoxe veño de presentar ante o rexistro do Concello de Foz a miña renuncia ao cargo de concelleira debido a circunstancias de carácter persoal, pois actualmente as miñas obrigas e proxectos laborais me manteñen ocupada a meirande parte do meu tempo, sendo incompatibles co meu cargo como voceira do Grupo Municipal Socialista de Foz. Polo tanto, quero deixar claro que esta decisión foi adoptada dun xeito totalmente libre e voluntario, e debido única e exclusivamente ás razóns indicadas.
O certo é que os concelleiros do Grupo Municipal Socialista focense estivemos sempre moi unidos, polo que aproveito esta ocasión para agradecerlles o apoio incondicional que me brindaron durante estos últimos anos nos que exercín como voceira municipal. Así mesmo, quero agradecer tamén aos demáis compañeiros da Corporación Municipal o clima de cordialidade e respeto no que tivemos a oportunidade de traballar en todo momento, a pesar das nosas diferencias de criterio. E, como non, agradecer por último aos veciños e veciñas de Foz a oportunidade de poder representalos durante estos tres últimos anos, nos que supoño cometín algún acerto e tamén algún erro, como non podía ser doutro xeito, pero podo dicir que me marcho coa tranquilidade de saber que en todo momento actuei de xeito fiel aos meus principios.
Rosa María Pérez Gradaílle”





















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



