Trala moi boa experiencia das dúas primeiras edicións de 2012 e 2013, onde tanto o público de Galicia como os turistas que se achegaron a Ribadeo envorcáronse coas actuacións programadas, o Festival Jazz & Blues de Ribadeo regresa con máis forza que nunca. Un amplo elenco de artistas internacionais, proxeccións, charlas, unha exposición fotográfica e un mercadillo conforman a oferta que converterá a Ribadeo en referente do Jazz e do Blues entre o 18 e o 27 de xullo.
O Jazz & Blues Festival 2014 levará a Ribadeo unha coidada selección de músicos. A ducia de actuacións programadas inclúen a varios dos artistas máis destacados do blues e do jazz, sen esquecer a sinergias que estes dous xéneros crearon con outros, como o gospel, o rythm ‘n’ blues ou o rock. Eric Sardinas, Hiromi, Joanne Shaw Taylor, Nicholas Payton e Bazil Meade encabezan o cartel deste ano.
INAUGURACIÓN
VENRES 18 DE XULLO. 20.30h. AUDITORIO MUNICIPAL DE RIBADEO
Coa actuación dunha banda de dixieland que previamente realizará un pasarrúas pola cidade e a presenza de autoridades, sponsors e público en xeral.
CONCERTOS
XOVES 24 DE XULLO
HIROMI TRIO PROJECT FEATURING ANTHONY JACKSON & SIMON
PHILLIPS
ALEXANDRA IN GREY
ALFREDO GARCÍA QUARTET
VENRES 25 DE XULLO
JOANNE SHAW TAYLOR
BAZIL MEADE TRIO FEATURING ANNETTE BOWEN
CARMEN REY BAND
SÁBADO 26 DE XULLO
NICHOLAS PAYTON TRIO
COSMOSOUL
VÍCTOR ANEIROS ACOUSTIC BAND
DOMINGO 27 DE XULLO
ERIC SARDINAS
LA VELLA DIXIELAND FEATURING MARIAN BARAHONA
SUMRRÁ
Entradas
Localidades para calquera dos días: Xeral-Pé 20 € / Asento numerado 25 €
Abonos para os 12 concertos: Xeral-Pé 60 € / Asento numerado 80 €
Entradas xa á venda a través de Novagalicia Banco
DO 18 Ao 27 DE XULLO. SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS
‘FOTOGRAFÍAS DE JAZZ’. Exposición fotográfica de ESTHER CIDONCHA, especialista en retratar a músicos de Jazz.
Inauguración: Venres 18 ás 20.00h.
Horario de visitas: Do 19 ao 23 de xullo, de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 21.00h.
Do 24 ao 27 de xullo, de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h.
CINE
VENRES 18 DE XULLO. 23.00h. CINE TEATRO DE RIBADEO
Honeydripper Blues Bar (Estados Unidos, 2007). Largometraxe. 123 min
SÁBADO 19 DE XULLO. 23.00h. CINE TEATRO DE RIBADEO
Let’s Get Lost (Estados Unidos, 1988). Documental. 120 min
LUNS 21 DE XULLO. 23.00h. CINE TEATRO DE RIBADEO
Straight, No Chaser (Estados Unidos, 1988). Documental. 90 min.
CHARLAS
SÁBADO 19 DE XULLO. 20.30h. CINE TEATRO DE RIBADEO
‘O MUNDO DO JAZZ’, repaso á historia, as cancións e as anécdotas do xénero da man de JUAN CLAUDIO CIFUENTES, Premio Ondas en 2010 polo seu extraordinario labor de divulgación do Jazz ao longo de máis de 40 anos traballando en radio, televisión e medios escritos. Actualmente emite Jazz porque si (o programa decano da radio musical en España xunto a Disco Grande) en Radio Clásica e A todo Jazz en Radio 3.
MERCORES 23 DE XULLO. 20.30h. CINE TEATRO DE RIBADEO
MESA REDONDA: ‘PRESENTE E FUTURO DO JAZZ EN GALICIA’
Coa presencia de: XACOBE MARTÍNEZ ANTELO, músico e presidente da Asociación de Músicos de Galicia.
JUAN PAZ, brand manager de Estrella de Galicia.
JUAN TORREIRO, xornalista de La Voz de Galicia especializado en Jazz e responsable do blog de Jazz Dulce y Canalla.
UN REPRESENTANTE DA ADMINISTRACIÓN
UN PROMOTOR MUSICAL
MERCADO DO DISCO
LUNS 21-MARTES 22 DE XULLO. 23.00h. PARQUE MUNICIPAL DE RIBADEO
Postos de coleccionismo do disco e merchandising.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



