Santiago de Compostela, 13 de xuño de 14. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reclamoulle ao Goberno galego que, deixando claro os bos datos de sanidade que a cabaña gandeira atesora ó longo dos últimos anos, “é obvio que nesta campaña se están sacrificando máis animais reaccionantes en proporción o número de animais saneados que en anos anteriores”.
A directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, Patricia Ulloa, confirmou esta tese, xa que dixo que se levaban no que vai de campaña 829 sacrificios, mentres que en campañas anteriores os datos de sacrificios en toda a campaña foron pouco máis de 1.000 en total.
Para o PSdeG, a diferenza de criterio sobre todo nun primeiro momento e en determinadas zonas concretas, onde non se facía un análise epidemiolóxico da explotación en concreto, senón que se sacrificaba simplemente en base os datos técnicos concretos dos análises, puido ser a causa. A propia directora xeral recoñeceu que se realizaran reunións a nivel provincial cos responsables de área de sanidade animal, de cara a que estes problemas se fosen solucionando.
“O que non cabe dúbida e que puido existir algún tipo de desaxuste nas directrices marcadas que fixeron que en algúns concellos estes sacrificios, que son tales como reaccionantes pero que non se confirmaban despois, fosen con moita diferenza moito máis numerosos do normal”, afirmou García.
Houbo comarcas moi afectadas, como en Lugo, na Mariña, na Ulloa, e tamén na Costa da Morte na Provincia de A Coruña, que fixeron saltar a alarma e que, tal como manifestou Pablo García, esperando que isto se corrixa e que en todo caso se faga todo o posible para non sacrificar nin un só animal que non sexa necesario: “Temos que facer todo o posible para que só se sacrifiquen aqueles animais que estén claros, porque primeiro arruinamos ó gandeiro, e segundo a reposición dese animal non é mellor do que temos”.
Do mesmo xeito, tamén reclamou que de inmediato se poñan en marcha as indemnizacións para as reses sacrificadas, que estas suban a súa cuantía dado o prezo de mercado, e tamén que se compense a aquelas explotacións que queden inmobilizadas.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



