Lourenzá, 23 de xuño de 2014.- O vindeiro sábado 28 de Xuño a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, viaxará ata Burela, para facer a ruta da Serra do Buio ao Monte Castelo, una ruta cunha distancia de 8.2 km e de dificultade baixa. A Asociación Pasada das Cabras de Burela invitaranos á comida.
O prezo para o desprazameno será de 5 € os socios e de 8 € os non socios. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 26 ás 11:00 horas.
E para continuar, o domingo 29 participaremos na xornada de lecer, cultural e de convivencia na Fortaleza de Tovar. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá fará a ruta A Pena do Castelo, unha distancia de 8 km de dificultade baixa que nos levará dende o alto de Oural ata o Pazo de Tovar. Sairase ás 11:00 horas do Pazo de Tovar en bus ata Oural, para unha vez alí emprender a ruta. Haberá unha churrascada ao chegar que terá un coste de 8 €.
Anotarse nos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe), 636 49 64 48 (Fe) ou no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



