Xove, 24 de xuño de 2014.- Este 23 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas a cargo do alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 39 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2013 a xuño de 2014. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.
Durante este periodo, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Cabanas, o 1 de abril do presente ano, visitando o Mosteiro de Cabeiro, a Aula da Natureza das Fragas do Eume, a Igrexa de Cabanas e a fábrica de licores Meigas Fora; a segunda, o 10 de xuño a Xixón, visitando a Universidade Laboral, o barrio de Cimadevilla, Museo de Jovellanos, etc.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación, mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
Comeza o obradoiro de memoria
Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores, pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 2 de xullo de 2014 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 32 persoas.
Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



