Lugo, 27 de xuño de 2014.- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano; o 1º Tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Cal, e a 2ª Tenente de Alcalde, Isabel Rodríguez, presentaron, nun acto que tivo lugar ás 18:00 horas no Paseo Marítimo de Viveiro, o 4º Surf-Camp, evento que organiza a institución provincial na Mariña, e que está financiado ó 80% con fondos europeos a través do programa Lug02.
Gómez Besteiro destacou que o éxito acadado en cada edición desta cita, tanto de participantes como de público en xeral, “produce un efecto moi positivo para a comarca”, citando como exemplo “a elevadísima ocupación hoteleira”, adiantando a visita de turistas ás praias e municipios da costa lucense. O titular provincial tamén salientou que esta “estupenda acollida é unha das razóns polas que a Deputación aposta por esta iniciativa como unha gran oportunidade económica para a Mariña”.
O Presidente subliñou que “o lecer medioambiental confírmase como unha fórmula eficaz para desestacionalizar o turismo, tanto no caso particular da Mariña como no do resto da provincia, e poñer en valor a riqueza paisaxística de Lugo”. Neste senso, o mandatario provincial afirmou que o interese por iniciativas como o Surf-Camp “é froito dunha perfecta combinación entre un deporte con moitos afeccionados e uns escenarios ideais, como son as do noso litoral”.
O acto de inauguración tamén contou coa presenza de representantes dos clubs e asociacións de surf da Mariña, así como dalgunhas das escolas de surf de maior renome como a Escola Galega de Surf, Sensación, Oxígeno, Nort Shore ou Surfiños.
Inauguración e actividades
Tras o acto de inauguración, as actividades programadas comezaron ás 19:00 horas cunha charla-coloquio sobre a mundo do surf no Salón de Actos do Concello viveirense ás 19:00 horas. Ó mesmo tempo, ducias de persoas de todas as idades estiveron gozando das multiactividades organizadas para esta xornada, entre as que se contaban un simulador de surf, skates eléctricos, longskate ou paseos en segway, que tiveron unha grande acollida.
As actividades continuarán mañá sábado, coas clases maxistrais gratuítas que figuras do surf europeo ofrecerán na praia barreirense de Lóngara. As case 300 persoas de todas as idades que xa están inscritas tomarán parte e coñecerán os segredos, trucos e técnicas deste deporte acuático da man destes grandes profesionais e dos monitores que tamén estarán presentes.
Os mellores surfers de Europa
O Surf-Camp reunirá unha vez máis á elite europea desta modalidade deportiva, o que converterá á Mariña na capital do surf durante a última fin de semana de xuño. Algúns dos mellores surfistas europeos teñen confirmada a súa participación nas xornadas, durante as que ensinarán as súas técnicas e coñecementos, de xeito totalmente gratuíto, a todo aquel que o desexe. Entre eles atópanse deportistas como:
Estitxu Estremo: surfista de elite que dende o ano 2000 foi tamén monitora en escolas de renome do panorama nacional; membro da Selección Nacional Absoluta dende o 2000 ó 2005; e campiona de Europa Absoluta de Surf e Longsboard, nos anos 1997,1999 e 2010, respectivamente.
Aitor Francesana: seleccionador nacional e surfer con un grande espírito de superación xa que experimenta as olas e o mar a través de sensacións e emocións, debido á perda de visión que sofre logo dun accidente surfeando. Foi tamén preparador do primeiro español en clasificarse ó WCT, Aritz Aramburu.
Luis Rodríguez: o 2º surfista galego máis laureado dos últimos tempos, premiado ó mellor Wipeout durante o Punta Galega EVE Challenge 2012.
Daniel García: surfista veterano, avalado polos 30 anos que leva surcando as olas. Imparte clases na súa propia escola en Cantabria e foi vencedor da primeira proba combinada de surf e snowboard celebrada na comunidade cántabra o pasado ano, o “Obsession–A2 Fussion 2013”.
Milo Castelo: un dos surfistas que máis premios leva gañado, entre eles, foi subcampeón de España no 2004; dúas veces Campeón Galego; Campeón de Europa ISA 2004 e Campeón dos Xogos Náuticos Intercélticos no ano 2003. Ademais, Milo Castelo, é xerente dunha escola de surf.
Haberá tamén representantes de federacións e asociacións de surf, así como medios especializados neste deporte, atraídos polo número de surfistas do máis alto nivel que se concentrarán na Mariña. Se ben Galicia acolle campionatos de nivel, esta é a única ocasión na que calquera pode surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas, polo que se trata dun evento único na comunidade galega.
Programación das actividades
O sábado, a xornada arrancará ás 11:00 horas, cando se impartirán os primeiros cursos de surf, para todos os niveis, na praia de Lóngara en Barreiros. Logo, ás 14:00 horas, terá lugar unha comida popular na praia e, pola tarde, a partir das 16:00 horas, os cursos de surf continuarán na praia de Barreiros. O domingo, último día do Surf-Camp, ás 12:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Finalmente, ás 14:00 horas será a entrega de premios.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



