Burela, 7 de xullo de 2014. Este mediodía foron izadas as bandeiras azuis nas praias burelesas de A Marosa, Portelo e Ril. O areal da Marosa conta con este distintivo de xeito ininterrumpido desde o ano 1993.
O alcalde, José Mª González Barcia, contou que “no día de hoxe procedemos ao izado das tres bandeiras azuis concedidas por Adeac ao Concello de Burela para outras tantas praias: en concreto a da Marosa, que é a que dende hai máis tempo ten a bandeira azul; a de Portelo, que conta con ela desde 1999, aínda que a perdeu en 2003 e volveu recuperala ao ano seguinte; e a de Ril, que a tivo un ano e que a recupera agora”.
Para o equipo de goberno “é unha satisfacción que as tres praias máis usadas polos veciños e veciñas do noso concello teñan as tres a bandeira azul, porque isto é un traballo que se ven facendo dende hai moitos anos por parte de moita xente e coa colaboración de moita xente. Sen dúbida ningunha que unha praia teña bandeira azul é un reclamo turístico de primeira magnitude e, por outra parte, significa que conta cuns servizos cunha calidade recoñecida”.
O rexedor subliñou que “no caso das praias de Burela o servizo de socorrismo funciona xa dende o sábado pasado. Temos dez socorristas para cubrir as tres praias durante todo o verán, ata principios do mes de setembro. As praias están completamente listas para ser usadas polos cidadáns e polos visitantes: contan con duchas, algunhas delas repostas despois dos temporais; teñen servizos hixiénicos todas elas; este ano incorpórase unha novidade importante, que é que se teñen substituído as casetas dos socorristas de Portelo e Ril, as sombrillas están todas colocadas tamén, ao igual que tódolos colectores de recollida de lixo; e a limpeza estase facendo diariamente”.
A concelleira de Medio Ambiente e Mar, Patricia López Eijo, lembrou que “o ano pasado compráronse esas dúas casetas, unha para O Portelo, que consta de dous baños (un deles para minusválidos) ademais da zona para os socorristas, que ten taquillas, camilla… e outra para Ril onde prestan servizo os socorristas”. López Eijo subliñou que “isto suponnos un aforro de 1.500 euros, que era o que se pagaba polo aluguer das casetas e polos baños químicos que se colocaban en Portelo, e que agora están situados dentro da propia caseta desta praia. Tamén fixemos arranxos de fontanaría nos baños da praia da Marosa”.
González Barcia indicou que “as praias están en perfectas condicións, máis aínda se cabe tendo en conta que Costas cumpriu co seu compromiso de ter arranxados os danos causados polos temporais a mediados do mes pasado. E iso foi así, polo tanto temos que recoñecerlle e agradecerlle a Costas o esforzo que fixo. Soamente dou un dato: na rexeneración do espigón da praia da Marosa téñense colocado 2.500 metros cúbicos de pedra, cun presuposto de 120.000 euros. Os paseos están todos en perfectas condicións e tense feito a limpeza da maleza nas tres praias”.
E engadiu: “en conclusión, as praias de Burela, a partir de hoxe coa bandeira azul, locen máis aínda, se cabe. Polo tanto, temos que agradecerlle a todas as persoas do Concello implicadas no mantemento das praias e tamén aos usuarios a súa colaboración para que as praias estean limpas e que poidan contar un ano máis con bandeira azul. Este ano queremos que as praias estean en perfecto estado para poñer todo o que de nós dependa de cara a revalidar os tres galardóns bandeira azul para o próximo ano 2015”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



