VIVEIRO, 10 DE XULLO DE 2014.- O secretario Provincial –Juan Carlos González Santín- anunciou este xoves en Viveiro, durante a xornada informativa, impulsada polo PSdeG-PSOE de Lugo, para explicar aos mariñanos as consecuencias que terá para eles a supresión dos Partidos Xudiciais que pretende levar a cabo o Goberno Central, que os alcaldes socialistas pedirán entrevistarse co ministro de Xustiza –Alberto Ruíz Gallardón- co fin de que o Executivo retroceda na decisión de eliminar oito das nove demarcacións existentes na provincia, entre as que se atopan, precisamente, as de Viveiro e Mondoñedo.
E é que tal e como puxeron de relevo no encontro a alcaldesa deste municipio María Loureiro, o dirixente do PSOE lucense e o ex ministro Francisco Caamaño, o novo mapa xudicial do Goberno obrigará aos habitantes dos 18 concellos aos que prestan servizo os dous Xulgados da Mariña –en total, máis de 81.400- a desprazarse ao órgano da capital para poder acceder á Xustiza. Deste xeito, e tal e como se pode ver na seguinte táboa, o tempo que empregarán en chegar a Lugo multiplicarase, entre a ida e a volta, por 16 no caso dos de Xove; por dez no de Lourenzá; por oito nos de Cervo e O Vicedo; por seis nos de Burela, Barreiros e O Valadouro; ou por catro nos de Foz, Alfoz, Ribadeo, Riotorto e Trabada.
| Partido Xudicial de Viveiro | Habitantes | Distancia ao Xulgado de Lugo (só ida) | Distancia ao Xulgado local (só ida) |
| Burela | 9.672 habitantes | 1 hora e 25 min. | 27 min. |
| Cervo | 4.430 habitantes | 1 hora e 28 min. | 20 min. |
| Foz | 9.966 habitantes | 1 hora e 18 min. | 36 min. |
| Ourol | 1.123 habitantes | 1 hora e 4 min. | 16 min. |
| O Vicedo | 1.898 habitantes | 1 hora e 32 min. | 19 min. |
| Viveiro | 16.016 habitantes | 1 hora e 18 min. | 0 min. |
| Xove | 3.497 habitantes | 1 hora e 28 min. | 10 min. |
|
TOTAL |
46.602 habitantes | ||
| Partido Xudicial de Mondoñedo | |||
| Abadín | 2.721habitantes | 46 min. | 18 min. |
| Alfoz | 1.946 habitantes | 1 hora e 24 min. | 30 min. |
| Barreiros | 3.061 habitantes | 1 hora e 20 min. | 26 min. |
| Lourenzá | 2.348 habitantes | 1 hora e 5 min. | 13 min. |
| Mondoñedo | 4.074 habitantes | 1 hora e 10 min. | 0 min. |
| Pastoriza | 3.362 habitantes | 42 min. | 32 min. |
| A Pontenova | 2.610 habitantes | 50 min. | 37 min. |
| Ribadeo | 9.994 habitantes | 1 hora e 17 min. | 29 min. |
| Riotorto | 1.417 habitantes | 49 min. | 29 min. |
| Trabada | 1.228 habitantes | 1 hora e 9 min. | 27 min. |
| O Valadouro | 2.100 habitantes | 1 hora e 19 min. | 25 min |
|
TOTAL |
34.861 habitantes |
“Un paso atrás no desenvolvemento da Mariña”
Neste senso, o ex ministro confirmou que co peche dos órganos de Viveiro e de Mondoñedo, e que na actualidade xestionan un total de 7.200 expedientes, o desenvolvemento socioeconómico da comarca “dará un paso atrás”, pois a supresión levará consigo a destrución de ducias de postos de traballo que se manteñen grazas ao funcionamento destes dous Xulgados. E é que, con esta medida, o sector xurídico non será o único afectado, pois existen outros como o servizos que tamén sairá gravemente prexudicado.
“O Goberno terá que recolocar non só aos xuíces ou instrutores, senón que destruirá toda a actividade paralela que supón manter en activo este órganos. Son moitos os negocios que se benefician do seu mantemento, xa que se un veciño de O Vicedo ou de Ribadeo ten que acudir ao Xulgado de Viveiro ou de Mondoñedo, seguro que algo vai consumir nestas localidades….”, destacou Caamaño.
Por este motivo, para o ex ministro “a reforma é un disparate de inversión porque ou se habilitan edificios novos, ou nos da capital non van caber tantos profesionais. En lugar de avanzar na informatización da Xustiza, avánzase en todo o contrario. O único que defende este sistema é o Ministerio”. É, por tanto, segundo apuntou Caamaño, “unha lei antieconómica, absurda e non permite a especialización. Dende o Partido Socialista apostamos sempre pola creación de Tribunais de Instancia, pero iso non leva implícita a supresión dos Partidos Xudiciais; un sistema que, por certo, foi aprobado por unanimidade no Congreso dos Deputados cando gobernabamos na administración do Estado”, indicou.
“O PP xoga á ambigüidade”
Por isto, Caamaño denunciou que “o PP xogue á ambigüidade”. “Por primeira vez están de acordo os sindicatos, os xuíces, os avogados, os procuradores… Non coñezo a ninguén que esté a favor desta normativa. Sen embargo, o Partido Popular, no Parlamento de Galicia, defende a existencia de 7 Partidos Xudiciais, de tal xeito que os que elimina funcionarán como un buzón cunha función moi semellante á do Xulgado de Paz. O que está claro é que unha vez que se vaia o xuíz, desaparece a actividade xurisdicional”, afirmou.
Campaña da executiva de Santín
Con estas xornadas informativas, a executiva que dirixe González Santín dá continuidade ao compromiso asumido na reunión mantida a finais de abril con alcaldes e voceiros socialistas, e na que acordaron conxuntamente promover unha serie de mobilizacións nos diferentes municipios implicados pola redución das circunscricións, ademais da presentación de mocións no Parlamento de Galicia, no Senado e nos Concellos, e da recollida de sinaturas por toda a provincia.
Este foi o segundo encontro que organizou o PSOE provincial. O primeiro tivo lugar o pasado día 3 de xullo, en Monforte de Lemos e, o terceiro, desenvolverase o vindeiro xoves, 17 de xullo, no municipio de A Fonsagrada.




















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



