Ribadeo, 10 de xullo de 2014. A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, subliña que as expectativas da festa Ribadeo Indiano son moi boas e di que aparte de ser unha festa histórica, cultural e patrimonial “é tamén un produto turístico co que pretendemos que moitos visitantes se acheguen a disfrutar de Ribadeo”.
A edil nacionalista sinalou que “con esta primeira festa o que pretendemos é, como o nome di, ter unha festa arredor da historia dos indianos, pero a isto gustaríanos que se lle sumase e se fose aproveitando o espazo e a historia para ir poñendo en valor todo o legado, todo o patrimonio, toda a historia que arredor dos indianos temos en Ribadeo”.
Segundo Ana Martínez as expectativas son moi boas: “eu penso que a xente pola rúa está cun ánimo bastante grande, teñen ilusión con todo este tema dos indianos. Hai unha pregunta que me fan nestes días moitos medios, que é de quen foi a idea. Paréceme que a idea está en cada un dos ribadenses. Penso que esa identidade que temos cos indianos é moi importante para que isto saia adiante. Sempre di Begoña, a nosa técnica de turismo, que quen non ten un indiano na súa familia en Ribadeo. Isto tan arraigado é parte do que nos está levando a que a xente se sinta identificada e participe. A idea é un pouco de todos, pero Acisa e o Concello xuntos levamos varios meses traballando para intentar sacar adiante esta idea e a verdade é que está sendo un traballo magnífico, unha experiencia fabulosa e esperamos que isto se manteña e se siga levando adiante porque é a maneira de facer cousas todos xuntos e traballar por Ribadeo”.
Sobre o programa de actividades previstos para mañá e para o sábado, 12 de xullo, a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo indicou que “arrancamos mañá con esa charla e logo xa haberá unha visita guiada, un pregón que será dado por un persoeiro que é o que vai guiando a historia dos indianos no facebook e na páxina web, que é Don Pancho, que será o protagonista mañá, venres, co pregón. É un persoeiro inventado que o aproximamos a esa parroquia tan importante no tema indiano como é A Devesa. Realmente Don Pancho forma parte desa identidade de tódolos indianos que partiron de Ribadeo, pero que concretamente da parroquia da Devesa temos que destacar a súa importancia. Temos que agradecer a participación tanto da coral como da banda municipal de música de Ribadeo que actuarán para acompañar ao pregón”.
Haberá música, teatro, un mercado de produtos de ultramar e a recreación dunha verbena da época. Esta última actividade servirá para poñer o sábado pol noite o punto final á primeira festa indiana que se celebra en Ribadeo. A programa atópase colgado na web www.ribadeoindiano.com e tamén no perfil de facebook deste evento.
Ana Martínez engadiu que “polo que estamos percibindo polos medios de fóra e polas chamadas que recibimos na oficina de turismo e tendo en conta que é a primeira festa indiana de Galicia, polas referencias que estamos a ter, cremos que realmente isto, aparte de ser unha festa, unha recuperación patrimonial, histórica e cultural, é un produto turístico máis co que pretendemos que moitos máis visitantes se acheguen cara ao noso concello a gozar do comercio, da hostalería e do que é en si a vida ribadense”.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



