Burela, 10 de xullo de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, as concelleiras de Servizos Sociais e Deportes, Diana Durán e Beatriz Piñeiro, asistiron este xoves á sinatura dos convenios asinados cos colectivos deportivos e con outros que quedaron pendentes hai unhas semanas, tras as subvencións que lles concedeu o Concello.
O rexedor dixo que “se trata de asinar os convenios cos colectivos deportivos, que eran os que quedaban pendentes, e algunha asociación que, por motivos diversos, non puidera vir cando foran convocados os colectivos do seu ámbito de actuación”. No encontro de hoxe participaron: Club Ciclista Burela, Club Ciclista Cerezo Bike, Club Kayak, Burela Fútbol Sala, Club Baloncesto Burela, Club Náutico e Pasada das Cabras, como colectivos deportivos. Tamén estiveron a Sociedade Cultural Ledicia, O Mellor de Cada Casa e Amajazz. A partir de agora estas asociacións e colectivos poderán presentar a correspondente xustificación da subvención para cobrar o seu importe”.
González Barcia lembrou que “o Concello asinou un total de 50 convenios que supoñen un total de 125.000 euros en subvencións. A intención é manter, na medida do posible, as subvencións de cara ao próximo ano, tendo en conta que todos os colectivos recibiron con moi bos ollos a subvención a pesar de que hai importes que non son demasiado elevados. Excepto o colectivo Buril, que renunciou á subvención, todos os demais aceptáronas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



