Ribadeo, 14 de xullo de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo as medidas que levará adiante a Xunta para conservar a praia das Catedrais, pero insiste na necesidade de ampliar o ámbito de actuación do areal e que sexa declarado parque natural. O obxectivo pasa por dotala de máis servizos e por afastar o tráfico rodado das inmediacións da praia. Suárez Barcia acompañou esta mañá á directora xeral de Conservación da Natureza no percorrido realizado por Augas Santas para ver os lugares que serían máis idóneos para instalar a nova sinalización que advirte, por exemplo, do perigo dos cantís.
O rexedor explicou que “aquí estamos coa directora xeral de Conservación da Natureza para intentar abordar o que entendemos como medidas paliativas inmediatas. É dicir agora xa empezado o verán é imposible facer cousas dun alcance maior, que sí son necesarias, que sí son importantes, pero que temos que abordar a partires de agora para ver os resultados o verán que ven, por poñer por caso. Agora estase a mirar para que de algunha maneira se sinalice e se advirta da maxestuosidade que ten este areal, pero do perigo que tamén entraña achegarse ao cantil de maneira desmedida como moita xente o fai sistematicamente ou subirse aos illotes, a pesares das recomendacións que sempre facemos desde o Concello de Ribadeo para evitar perigos maiores”.
Suárez Barcia dixo que “o que sí desde o Concello valoramos moi positivamente é que desde a Xunta de Galicia se estude a ampliación do que ten que ver co monumento natural, non por unha cuestión caprichosa nin por unha cuestión normativa estrita, senón para poder traballar mellor, para poder facer un apeadeiro de Feve, que discorre a 200 metros do cantil; para poder facer peonil a estrada da Deputación; para todo iso faise necesario ampliar o ámbito de actuación para poder ser áxiles e que o verán que ven isto siga a ser un lugar de reclamo turístico de primeira magnitude e ao mesmo tempo poidamos conservar esta riqueza xeolóxica e esta marabilla natural”.
Segundo o alcalde ribadense “este verán o que poderán atopar os turistas é maior sinalización, complementando co persoal do que xa dispón o Concello haberá tres persoas máis que traballen para axudarnos a informar á xente destas cuestións xeolóxicas que por unha banda xeran riqueza cultural, pero tamén advirten do perigo. Ese persoal que empezará a traballar a finais de xullo virán a reforzar e a apoiar, non é unha cousa importantísima, pero toda axuda que veña agradécese e valórase”.
Fernando Suárez subliñou que “nosoutros non queremos que a xente deixe de vir, queremos que a xente veña con comodidade, pero que non vexa algo masificado e que por mor de que veña tanta xente como ven se nos acabe degradando isto. Queremos que isto nos serva para este ano e para mil anos máis. Sabemos que é unha riqueza turística moi importante para Ribadeo, para A Mariña e para Galicia e pretendemos que a xente non veña facer o que lle dea a gana, senón que veña, que a admire, que saque fotografías, que se bañe, que o pase ben, que teña información cultural e turística de Ribadeo e da comarca, pero que ao mesmo tempo se conteñan algunhas cousas que son un pouco inapropiadas para un monumento natural”.
O alcalde de Ribadeo insistiu en que “nós cando propoñemos que sexa declarada parque natural non o facemos por un capricho, senón porque analizada a lexislación actual e outros exemplos que se están a dar noutras partes do Estado, xa non de Europa que tamén, parécemos o mellor porque todo o litoral ribadense ten unha características xeolóxicas únicas e diferenciadas do resto. A cuestión máis meritoria está aquí nas Catedrais, pero a dous quilómetros temos As Illas e Os Castros, que teñen as mesmas formacións rochosas que a praia das Catedrais. Para estender un pouco máis esta afluencia de persoas a todo o litoral, limitar a concentración puntual e sistemática e xerar unha riqueza turística e ecolóxica sería moi boa cousa ver singularidades que están a funcionar desde hai anos no País Vasco, na Bretaña francesa… tarde ou cedo isto será declarado parque natural”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



