Santiago, 14 de xullo de 2014.- O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, defendeu este luns no Pleno do Parlamento de Galicia a decisión dos catro grupos políticos con representación na Cámara de subscribir unha iniciativa conxunta en defensa dos intereses da flota galega do litoral.
Este paso é resultado das reunións que mantiveron os representantes desta flota e os distintos grupos parlamentarios para que, no marco do proceso de negociación do convenio pesqueiro bilateral entre España e Portugal, se introduzan criterios que garantan a igualdade de condicións no exercicio da actividade pesqueira para os buques galegos e portugueses.
DESCANSO SEMANAL OBRIGATORIO
O principal obxectivo perseguido por esta iniciativa conxunta é que os buques de arrastre de bandeira portuguesa que faenan nas augas xurisdiccionais españolas -zonas VIIIc e IXa do caladoiro Cantábrico Noroeste-, tamén realicen o descanso semanal obrigatorio (en fin de semana), tal e como establece a normativa vixente para os buques españois. Deste xeito poráse fin a unha situación inxusta que estaba a supoñer unha desventaxa competitiva para flota galega.
Cómpre sinalar que a proposta de acordo incluída na iniciativa subscrita polo Grupo Popular, Grupo Socialista, por Alternativa Galega de Equerdas, o BNG e o Grupo Parlamentario mixto incorpora o mesmo texto que foi debatido na comisión sectorial de arrastre de litoral do Consello galego de Pesca onde obtivo amplo respaldo.
AMPLA DEMENDA DO DO SECTOR
Balseiro explicou que de acadarse esta petición que, con toda probabilidade contará co respaldo unánime do Parlamento de Galicia, servirá de apoio a unha ampla demanda do sector para que os arrastreiros galegos e portugueses poidan competir en igualdade de oportunidades no mar e nos mercados
O voceiro do mar dos populares galegos quixo deixar constancia do seu apoio ás peticións formuladas polos profesionais do sector e sinalou que esta xa vén sendo tamén unha reivindicación histórica tanto do Partido Popular como da Xunta de Galicia que agora trasladarán ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que negocie neste obxectivo.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



