O Valadouro, 15 de xullo de 2014.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela, resaltou este martes o compromiso da Xunta de Galicia en materia de emprego e aplaudiu que o municipio conte cun obradoiro de emprego concedido pola Xunta de Galicia.
O popular afirmou que esta acción corresponde ao bo facer do executivo galego e a aplicación dun trato igualitario para todos os concellos e cidadáns, sexan da cor política que sexan.
Lamela contrapuxo esta política de “igualdade para todos” ao sectarismo e partidismo que aplica a Deputación de Lugo, quen tan só goberna para os concellos da súa cor política e proba disto viuse no plan de emprego provincial, “un programa levado a cabo por Besteiro e que deixou fora a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás Quiroga, e no que contratou tan só a oito veciños”.
Lembrou o popular, que este obradoiro foi concedido pola Xunta de Galicia, para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego vela polas necesidades de todos”.
Destacou o popular que O Valadouro, Foz, Alfoz e Mondoñedo, desenvolverán, conxuntamente, un obradoiro nas especialidades de viveirismo xeral e xardinería, que permitirá a 20 parados lograr un posto de traballo.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



