SAN CIBRAO .- A OMIX de Cervo e a asociación Arroutados organizan a sexta edición do festival Arroutada no que participaran os grupos No fuimos nosotros de Viveiro, Nostatic de A Coruña, Clan Maragato de San Cibrao e Omenomejodas de Avilés. O evento será o 21 de agosto na plaza en San Cibrao.
NOTA DE PRENSA
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dependente da área de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo xunto coa asociación cultural Arroutados, de recente creación, colaboran na organización dun evento musical gratuíto que vai xa pola súa sexta edición ininterrompida.
XUVENTUDE CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A GOZAR COA ARROUTADA 2009 UN FESTIVAL DE MÚSICA FEITA POR XENTE NOVA E PARA XENTE NOVA
• Os grupos participantes son NO FUIMOS NOSOTROS (Viveiro), NOSTATIC (A Coruña) CLAN MARAGATO (San Ciprián) e OMENOMEJODAS (Avilés).
• A cita: O venres 31 de agosto, a partir das 22 horas, na prazoleta de San Ciprián –ao carón da Casa da Cultura-
Cervo, 22 de xullo de 2009.- O que comezou como unha aposta dun pequeno grupo de mozos e mozas de San Ciprián, que quixeron enriquecer a actividade estival desta localidade introducindo nun xa de por si variado programa de citas de interese turístico, festas patronais e romarías, un festival de música gratuíta ao aire libre, no que fora capaz de mesturarse variados estilos musicais, e grupos coñecidos no ámbito local ou incluso doutras comunidades, con novas formacións que se están a abrir camiño no mundo da música, vai xa pola súa sexta edición ininterrompida.
A ARROUTADA volve a ser no 2009 unha cita ineludible coa música feita por xente nova e para xente nova, así o definen polo menos desde a Concellaría de Cultura e Xuventude que, un ano máis, colabora na organización desta actividade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). A edil de Xuventude Chelo Gallego, xunto con varios membros da asociación cultural ARROUTADOS, colectivo de recente creación, integrado polos mozos e mozas promotores desta actividade, deron a coñecer o programa de actuacións previstas neste festival e o seu cartel.
A ARROUTADA 2009 dará comezo ás 22.00 horas, do venres 31 de xullo, pois como todos os anos o festival ten lugar o venres correspondente coa semana na que se inicia o mes de agosto. O emprazamento novamente será a prazoleta de San Ciprián, espazo contiguo á Casa da Cultura. Abrirán o festival a formación NO FUIMOS NOSOTROS de Viveiro (Acústica-Bossanova), de seguido será a quenda do grupo NOSTATIC (Rock) da Coruña. A continuación actuará unha formación musical local, anfitrións nesta ocasión, CLAN MARAGATO de San Ciprián (Folck) e, finalmente pecharán o festival OMENOMEJODAS de Avilés (Thrash-Metal)
Desde a organización agradecen dun xeito especial ás distintas empresas patrocinadoras, sen os que, esta actividade non sería posible: Talleres Martínez, Autos Morán, Cazas SL, Os Molineros, Rodabell e Construcións Jose Saa xunto coa Fundación Comarcal da Mariña Occidental.
CONCELLO DE CERVO
Máis información para os medios sobre os grupos participantes:
• OMJ: OMENOMEJODAS (Aviles)
Thrash-Metal
http://www.myspace.com/omenomejodas
As súas raíces nos levan a 1990. OMJ nunca tivera existido se nesa data non dera nacido outra banda: Vastator. Concibida como unha banda de Thrash Metal. É fácil recoñecer influencias de grupos talles como Metallica, Slayer ou Kreator nos temas que por aquel entón formaban o repertorio de Vastator. Vastator non continuou. Servizos militares, estudos e outras circunstancias negativas provocaron que a banda desaparecese tan rápido como se creou. Con todo, e a pesar da practicamente nula repercusión deste primeiro proxecto, a súa existencia é importante pois sentaría as bases tanto estilísticas como de formación de OMJ.
En 1993, tres dos membros de Vastator e un novo baixista forman OMJ. Esta será a formación clásica do grupo ata a súa desaparición uns anos despois: José (batería), Juanco (guitarra rítmica), Carlos (baixo) e José María (guitarra solista, voz).
Cun repertorio propio de máis de 10 temas e unha colección de versións fundamentalmente de Metallica, aínda que dando cabida tamén a temas doutros grupos, comeza a andaina de OMJ por diferentes escenarios asturianos obtendo certo éxito. Será en 2003, coincidindo co décimo aniversario do grupo, cando leve a cabo a gravación do seu primeiro disco, para o que se elixe o título insufrible ruído facendo alusión á definición usada tempo atrás por uns malhumorados veciños de local de ensaio. Mundo de tolos será a súa segunda experiencia no mercado discográfico, neste caso con distribución nacional.
• CLAN MARAGATO (San Ciprián)
Música Folk
Nace no ano 2003 promovidos por un grupo de mozos que participaban no grupo folclórico Mistura de Lieiro. Malia que o seu estilo musical é o folk, cabe subliñar que desta música tan só teñen a base, pois na realidade fusiona rock, pop, heavy e ata flamenco nas súas composicións. Desde os seus inicios levan actuando en San Ciprián, Cervo, Ferrol, Vilalba, Lugo, Coruña… Integran o grupo Alicia (voces, teclados, percusión), Julian (solista de flauta, whistle, gaita, e acordeón)- Jacobo (baixo), Pla (guitarrista), David Torreiro (congas, djembé, darbouka, percusionista), Sebas (caixón rumbeiro, bombo), Ricardo (percusión tradicional) Na actualidade están a traballar nas gravación do seu novo disco.
• NO FUIMOS NOSOTROS (Viveiro)
Acústica / Bossanova / Comedia
http://www.myspace.com/nofuimosnosotros
Corría o ano 2005 cando Peque recibía unha chamada telefónica solicitando a presenza do seu antigo grupo Krápulas, do que tamén formaba parte Iván, na gravación en acústico dalgún dos temas do grupo. Por aquel entón, os Krápulas eran xa tan só un moi bo recordo e xa que logo o proxecto era inviable, pero ¿Por que non gravar algo cunha guitarra e unha voz? Sempre lles gustou tocar cancións coa guitarra en casa, nas festas, así que se learon a manta á cabeza e tiraron pa..lante.
Para facer ese concerto necesitábanse tres cancións ben montadas, xa que formarían parte dun disco e un DVD que se quería lanzar desde unha administración mariñá. Non todos os grupos teñen a ocasión de comezar así a súa carreira, así que había que aproveitar a oportunidade, pero a parella, por aquel entón, facía gala dunha falta de profesionalidade abraiante, co cal o resultado foi bastante regular. As versións nese disco foron: Mañá de Entroido, O noivo do esquecemento e Boto de menos. Iso se, esta última canción quedou máis pasable que as outras e tivo un relativo éxito entre familiares e amigos. Foi así como un 11 de xuño nacía: “Non Fomos Nós”.
A partir dese momento, a xente xa é consciente da existencia da parella e son contratados frecuentemente para os ciclos de música na rúa de Nadal e verán, o grupo comeza a ter alicientes para ensaiar e crear os seus propios temas, o que dá lugar a que o día 24 de xullo do 2008 salga á luz o seu primeiro traballo: “Cea para dous”
• NOSTATIC (A Coruña)
Rock
http://www.myspace.com/nofuimosnosotros
Nostatic nace en setembro do 2006 na Coruña cunha formación orixinal de 5 músicos para formar un grupo de Rock á marxe de modas e sen ningún tipo de etiquetas, aínda que cun membro menos, actualmente están presentando o seu segundo traballo, máis orientado ao rock en español, que será editado en próximas datas.
Formación musical rockera que soa como Led Zeppelin, The Stooges, Dream Theater, Pearl Jam, Whitesnake, Incubus, Kiss, The Who, Queen



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



