O Festival Jazz & Blues de Ribadeo abre este venres a súa terceira edición e a máis ambiciosa ata a
data. 10 días nos que a localidade de A Mariña lucense estará no obxectivo de todos os afeccionados á música e converterase en referencia do calendario de festivais do noroeste.
Ata o domingo 27, cine, actuacións gratuítas, charlas, unha exposición fotográfica, un mercado do disco especializado e unha traca final de catro días de concertos e algúns dos artistas internacionais máis interesantes da escena actual.
As actividades iníciandr este venres ás 20.00 horas cun pasarrúas a cargo da banda de dixieland de A Coruña Mr. Dixie Jazz Band que transcorrerá entre o Teatro de Ribadeo e o Auditorio. Este último equipamento acollerá a continuación o acto oficial de inauguración, coa presenza de autoridades. O primeiro día do certame pecharase cunha actuación da Mr. Dixie Jazz Band, tamén no Auditorio de Ribadeo.
No cartel deste ano destacan no apartado de jazz a pianista xaponesa Hiromi (que acaba de pasar por dous dos escenarios máis importantes da escena jazz: a sala Blue Note de Nova York e o Festival de Montreux en Francia) e o trompetista afroamericano Nicholas Payton, ambos gañadores dun Grammy. Entre os artistas de blues, o explosivo Eric Sardinas & Big Motor e a nova cara do blues británico, Joanne Shaw Taylor. O reverendo Bazil Meade, creador de The London Community Gospel Choir, unha formación que grabou con Madonna ou Elton John, presentará pola súa parte un novo espectáculo acompañado pola súa vocalista principal, Annette Bowen.
No programa de actividades gratuítas inclúense tamén a actuación das formacións Maldataskull Trio e Manuela Ravaglioli & José Ramón Feito Trio (no Cantón dos Moreno), a exposición da fotógrafa especializada en jazz Esther Cidoncha, a conferencia do decano da radio musical Juan Claudio Cifuentes (Teatro), unha mesa redonda na que varios expertos tomarán o pulso ó jazz en Galicia (Teatro), un mercado do disco (parque municipal) e un ciclo de cine no que se proxectarán. Ademais de todas estas actividades de entrada libre, o recinto do Ribadeo Jazz & Blues, anexo á estación de autobuses, albergará unha ducia de concertos do xoves 24 ó domingo 27. As entradas xa están á venda a través de Abanca e Musikaze.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



